"6" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 740.

    1.                                   ? c B · d I = μ o (? i   I i )

    2. Enunciado ou proposición demostrable nunha teoría.

    3. Teorema do electromagnetismo segundo o que a circulación da indución magnética B creada pola distribución dunha corrente calquera ao longo dunha curva pechada C é proporcional á suma alxébrica das intensidades que atravesan unha superficie que teña a susodita curva por contorno:

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento químico, de número atómico 65 e peso atómico 158,9254, que pertence ao grupo III B da táboa periódica, á familia dos lantánidos, e que ten aplicación na industria electrónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao ácido ftálico que se emprega na preparación de poliésteres.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás teresianas.

    2. Membro da congregación das teresianas.

    3. Congregación relixiosa feminina que fundou en Tarragona en 1876 Enric d’Ossó.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de enerxía que equivale a 4,1855´10 6 J e que se emprega no eido da técnica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Undécimo mes do calendario republicano francés (1792-1806), que corresponde ao intervalo do 19 ou 20 de xullo ao 17 ou 18 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa da atmosfera terrestre situada sobre os 80 km de altura, entre a mesosfera e a exosfera, onde se observa un rápido aumento da temperatura (1.100°-1.650°C).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Terceiro planeta do sistema solar, atendendo á súa proximidade ao Sol, cuxo período de translación é de 365,26 días e o de rotación é de 23 h 56 minutos, medido en tempo solar. O globo da Terra é aplanado nos polos e o seu raio polar é de 6.356 km, mentres que o ecuatorial é de 6.378 km. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    2. Parte sólida da superficie terrestre, en contraposición ao aire e á auga.

      1. Porción da superficie da Terra considerada nela mesma ou como pertencente a un individuo ou pobo.

      2. Zona xeográfica con límites naturais precisos e caracteres culturais, históricos e xeográficos comúns.

      3. Terra de Canaán ou Palestina, que Deus prometeu a Abraham e á que foron conducidos os hebreos por Moisés despois da escravitude de Exipto.

    3. Solo vexetal, material da cortiza terrestre destinado a ser aproveitado pola agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia explosiva sólida que se utiliza, mesturada con disolventes, nos explosivos plásticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Base pirimidínica que forma parte dos ácidos nucleicos e dos que pode ser illada por un proceso de hidrólise.

    VER O DETALLE DO TERMO