"RAM" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 8179.

  • Tipo de hipérbato, da gramática clásica, que consiste en pospoñer a preposición ao substantivo que rexe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óxido de titanio que cristaliza no sistema tetragonal; os cristais, pequenos, poden ser bipiramidais ou arredondados e están implantados de xeito disperso; de cor negra, marrón ou, raramente, incolora, e brillo diamantino. OBS: Tamén se denomina octaedrita

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pronunciar un anatema contra alguén.

    2. Manifestar a unha persoa que a súa conduta non é correcta.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ciencia que estuda a estrutura dos seres vivos baseándose na observación mediata ou inmediata e recorrendo, polo xeral, á disección.

      2. Arte de disecar ou separar as partes dun ser vivo para descubrir a súa situación e estrutura.

      3. Estudo e disección da estrutura do ser vivo.

    1. Análise sutil.

    2. Rama da anatomía que estuda as modificacións anatómicas aparecidas nos órganos e nos tecidos debido a axentes morbosos que son detectables mediante distintos métodos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Realizar a anatomía dun corpo.

    2. Analizar sutilmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ferir cunha navalla ou con outra arma branca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer máis ancha unha cousa.

    2. Estar máis ancho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utilizar o anciño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Asegurar a embarcación coa áncora ou áncoras.

    2. Colocar unha peza, un aparato, unha máquina ou unha instalación de xeito que permaneza fixada á terra ou á estrutura do edificio en que vai funcionar.

    3. Tirar a áncora ou as áncoras, fixando solidamente a embarcación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de aluminio anhidro que cristaliza no sistema rómbico; os cristais son sinxelos, de forma prismática alongada, raramente transparentes, de cor rosada e de exfoliación clara.

    VER O DETALLE DO TERMO