"ovista" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 128.

  • Cabina provista dun equipo fotográfico que realiza e revela fotografías automaticamente e en poucos minutos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ferramenta de talla provista duns dentes afiados con arestas dispostas nunha superficie xiratoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina provista de fresas para fresar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave limícola, da familia das hematopodidas, provista de peteiro longo e encarnado e patas rosas. Ten o dorso negro e o ventre branco, a cabeza negra ata o peito, cunha franxa alar branca, cola e rabadilla brancas, co extremo da cola negro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore caducifolia dioica, da familia das ginkgocáceas, provista de follas alternas flabeladas, con flores masculinas en amentos e femininas bilobuladas e de froitos drupiformes. OBS: Tamén se denomina árbore dos corenta escudos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe actinoteripxio perciforme, da familia dos góbidos, de corpo longo, pequeno tamaño, pero cabeza e boca grandes.

    2. Peixe, da familia dos ciprínidos, coa mandíbula inferior provista de dúas barbas e de cor gris amarela e manchas negras. Aliméntase de vermes, larvas e pequenos moluscos. Viven nas correntes, en augas limpas e frescas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Leucocito que contén gránulos e lisosomas no citoplasma e un núcleo irregular ou segmentado. OBS: Tamén se denomina  célula mieloide.

    2. Célula provista de gránulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Insecto ortóptero, da familia dos grílidos, que ten un corpo grande e robusto, cabeza grosa provista de dous ollos compostos e un par de antenas longas, e coloración parda escura. As ás anteriores atópanse endurecidas e as posteriores son moi pequenas ou desapareceron. Son insectos cantadores, e o macho produce un son agudo moi característico rozando os élitros.

      2. Insecto, de cor negra e marrón, con patas poderosas e ás ben desenvolvidas. Son omnívoros, aínda que se alimentan preferentemente de vexetais. Teñen costumes diúrnas e pódense localizar en todas as partes.

      3. Insecto de cor marrón, abundante en fornos, pedras de cociña, lixo e en todos aqueles lugares onde a temperatura é maior á normal.

    1. Peza do muíño, pertencente ao seu mecanismo de rotación, situada na parte inferior do veo, entre o touzo do rodicio e a ra, e que consiste nun cono metálico coa punta redondeada.

    2. Insecto ortóptero, da familia dos grilotálpidos, de corpo robusto, o primeiro par de patas moi desenvolvido e transformado nun órgano escaravellador, co que abren galerías subterráneas, onde habitan.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave dos xéneros Anodorhynchus e Ara, da familia dos psitácidos, que se caracteriza por presentar a cara total ou parcialmente desprovista de plumas, a cola tan longa ou máis ca o corpo, peteiro curto e forte e unha plumaxe de cores moi vistosas.

    2. Ave de cor azul turquesa no dorso e amarela-dourada no ventre. Aliméntase fundamentalmente de sementes e froitas. Son animais lonxevos que poden sobrepasar os 50 anos.

    3. Ave de cor vermella, coa parte superior das ás amarela e as plumas máis longas azuis.

    4. Ave con cola longa e aguzada. É de cor verde, coas plumas máis grandes das ás de cor azul, e unha espesa banda de plumas vermellas na fronte.

    5. Ave que se caracteriza por presentar unha plumaxe púrpura azulada, un círculo amarelo ao redor do ollo e amarelo ao fondo da mandíbula.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Persoa ou animal que dirixe ou conduce a outros.

      2. Persoa que mostra a turistas ou visitantes as cousas máis notables dun lugar.

      3. Soldado que se coloca en primeira fila para facilitar unha boa aliñación nos exercicios militares.

      1. Libro que contén os datos e as indicacións necesarias para informar ou orientar sobre algo.

      2. Lista impresa ordenada alfabeticamente que proporciona datos sobre algo.

      3. Cousa que encamiña ou serve de orientación.

    1. Póla nova, alta, grosa e dereita que sae directamente do tronco.

    2. Póla que se deixa para guiar as demais no seu crecemento.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO