"mini" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1065.

    1. Sólido de dureza moi elevada que existe na natureza en forma de anhidro e cristaliza en forma de corindón e hidratado en diversos graos. Emprégase na fabricación de aluminio e na obtención de abrasivos, refractarios, pezas de cerámicas, catalizadores e soportes de catalizadores.

    2. Alumina en forma granular de porosidade moi elevada e gran superficie específica, que manifesta unha gran capacidade de absorción, especialmente para a auga. Emprégase para secar gases ou vapores e certos líquidos, como catalizador e como absorbente.

    3. alundo.

    4. Calquera dos hidratos de alumina.

    5. Hidróxido de aluminio coloidal, que con solucións acuosas ácidas forma xeles dotados de propiedades absorbentes que se utilizan en medicina contra a acidez gástrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación que consiste en depositar unha capa de aluminio sobre un soporte para protexelo contra a corrosión e a temperatura elevada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén aluminio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén alumina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento metálico, que pertence ao grupo III da táboa periódica, de cor branca arxéntea, dúctil e moi maleable. Atópase sobre todo en forma de silicatos, de óxido e de fluoruro dobre de aluminio e de sodio, pero nunca en forma libre. As aplicacións do aluminio metálico e das súas aliaxes son moi importantes e variadas.

    2. Composto empregado na fabricación de lacas, como mordente de tinturas e para a ignifugación e impermeabilización de tecidos.

    3. Pasta formada por pos de aluminio e un disolvente, utilizada como pigmento na fabricación de pinturas. Dispérsase mellor ca o aluminio en po, forma películas con máis facilidade, cun manexo máis sinxelo e un menor risco de incendio.

    4. Pos de aluminio de cor gris brillante e de forma laminar. Empréganse en aluminotermia, para os flashes fotográficos, na fabricación de aceiro, de explosivos e como pigmento para pinturas metálicas.

    5. Designación xenérica das aliaxes a base de cobre e aluminio de gran resistencia mecánica. Emprégase no revestimento de iates e na industria química.

    6. Cloruro anhidro moi empregado como catalizador na industria do petróleo.

    7. Composto empregado para espesar lubricantes na industria de pinturas e para a impermeabilización de tecidos.

    8. Sólido empregado como mordente nas tinturas pola súa capacidade de absorber un colorante cando precipita dunha solución que contén ese colorante.

    9. Lámina de aluminio obtida mediante sucesivas laminacións dunha cinta ou prancha de aluminio puro.

    10. Grupo de compostos que comprende o caolín, as arxilas e os alúminosilicatos.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfato de aluminio hidratado que cristaliza no sistema monoclínico e se presenta en nódulos e en masas terrosas ou escamosas. É de cor branca e translúcida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aurintricarboxilato de amonio, sólido vítreo de cor amarela terrosa, que se emprega en química analítica na análise do aluminio, do escandio e do indio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Perda da resistencia do formigón elaborado con cemento aluminoso, debido aos esforzos de compresión.

    2. Pneumoconiose provocada pola inhalación de po de aluminio, de silicato de alumina, de bauxita ou de esmeril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicatos dobres de aluminio e doutro metal, monovalente ou divalente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de obtención de metais a partir dos seus óxidos ou sulfuros, por acción do aluminio.

    VER O DETALLE DO TERMO