"Rante" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1246.

  • Colorante vermello que serve tamén como primeira materia para a obtención doutros colorantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Carreira, dignidade e atribución de almirante.

      2. Territorio onde un almirante exerce as súas funcións.

    1. Organismo ou consello superior que nalgúns estados exerce altas funcións consultivas, executivas e en ocasións de alta xustiza en tarefas relacionadas coa mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Oficial que ocupa o cargo supremo de toda a armada dunha nación.

    2. Oficial xeral da mariña de guerra.

    3. Cargo que vai despois do capitán xeneral, mandaba a armada, escuadra ou frota. OBS: Tamén se denominaba maior do mar.

    4. Barco en que navega o almirante dunha escuadra ou dunha frota en operacións ou manobras de guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tomar a primeira comida do día.

    2. Comer certos alimentos durante o almorzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anticorpo producido durante un proceso de inmunización por individuos diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que alonga.

    2. Instrumento de laboratorio que consiste, esencialmente, nun tubo de vidro aguzado que se adapta ao colo dun balón e que se utiliza nas destilacións para facer pasar o destilado do refrixerante ao colector.

    3. Peza que serve para aumentar a lonxitude dun órgano, dun aparello ou dunha estrutura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poliploidía estable que resulta da suma e da combinación de xogos de cromosomas de igual número de especies diferentes.

    2. Alopoliploidía en que algúns cromosomas das dúas especies proxenitoras son case homólogos resultando posible observalos durante a meiose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos minerais que non teñen a forma externa que lles corresponde a causa da falta de espazo durante a súa formación, pero que teñen a estrutura interna cristalina correspondente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos Alpes ou ás montañas elevadas.

      1. Relativo ou pertencente ao grupo humano alpino ou aos individuos que o compoñen.

      2. Individuo do grupo humano alpino.

      3. Grupo humano leucodermo, do subgrupo braquicéfalo, que se localiza en Europa Central e Francia.

    2. Relativo ou pertencente ao piso alpino.

    3. Conxuntos montañosos erguidos durante o ciclo oroxénico alpino.

    4. Ciclo oroxénico que abrangue os movementos oroxénicos producidos ao longo dos últimos 225 millóns de anos da historia da Terra, durante as eras Secundaria e Terciaria.

    5. Estilo tectónico baseado nun manto de corremento, encabalgamentos e dobramentos.

    6. Piso propio das altas montañas caracterizado polo predominio dos prados e a ausencia de árbores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina e estudo empírico e experimental dos feitos químicos durante a Antigüidade e a Idade Media, cuxos principais obxectivos foron a procura da pedra filosofal, supostamente capaz de converter os metais baixos en prata e ouro, e do elixir da longa vida, panacea universal capaz de alongar a vida indefinidamente. Na alquimia coexistiron sempre os aspectos experimental, filosófico, esotérico e místico, que foi a miúdo dominante. Pese a todo, as súas importantes descubertas formaron a indispensable base empírica sobre a que se edificou a química moderna.

    VER O DETALLE DO TERMO