"Guas" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 278.

  • Aplícase á cultura e linguas celtas que se desenvolveron na Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao grupo occidental de linguas da familia indoeuropea como o celta, o xermano, o itálico, o véneto, o grego e o hitita.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao Chad, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Chad.

    1. Familia de linguas afroasiáticas falada ao N de Nixeria e Camerún e ao S de Chad.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao checheno-lezguio.

    2. Grupo de linguas caucásicas que se divide en checheno e en lezguio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo chibcha ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo dos chibchas.

    3. Pobo amerindio precolombino, tamén coñecido cos nomes de muisca, muysca ou mosca, que antes da chegada dos conquistadores se asentaba na rexión montañosa oriental de Colombia.

      1. Lingua, desaparecida no s XVIII, que se falaba nas mesetas altas de Bogotá e Tunja.

      2. Familia das linguas amerindias de América do Sur e de América Central que se estende desde os confíns de Costa Rica e Nicaragua, ao N, ata o golfo de Guayaquil, ao S.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Sri Lanka, antiga Ceilán.

    2. Individuo do grupo étnico maioritario en Sri Lanka, antiga Ceilán.

    3. Pobo oriúndo da India que conquistou Sri Lanka cara ao 550 a C desprazando a poboación local, os veddas. Ocupa a rexión central e meridional de Sri Lanka e as illas Maldivas. Distribúense polas terras baixas e dedícanse ao comercio, á agricultura e á pesca. En Sri Lanka constitúen a maioría da poboación (73,9%) e están enfrontados coa poboación támil, de relixión hinduísta.

    4. Lingua da familia indoeuropea pertencente ás linguas indoarias. É a lingua oficial de Sri Lanka.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos circasianos ou á súa lingua.

    2. Individuo pertencente ao pobo circasiano.

    3. Pobo caucásico que antigamente poboaba a Circasia. Estaban repartidos entre as repúblicas federadas rusas dos Kabardíns e dos Balkares, de Adiguesia, dos Karachas e dos Cherkeses, e nos estados de Turquía e Siria.

    4. Antiga lingua caucásica falada polo pobo circasiano que, desde a dispersión dos seus integrantes, foi perdendo unidade ata converterse en tres linguas relativamente diferenciadas: o adigueo, o cherkés e o kabardino.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ten forma de arco.

      2. Aplícase á arteria ou ao nervio con forma de arco.

    1. Aplícase ao acento gráfico en forma de uve invertido (^) que se emprega nalgunhas linguas para indicar contracción, lonxitude ou valor diacrítico. Tm s m.

    2. Aplícase ao acento musical do grego antigo que consiste nun ton crecente seguido dun ton decrecente, e que se representa graficamente cun til (?) colocado sobre a vogal correspondente. Tm s m. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao alfabeto e á escritura eslava, que se creou sobre a base da escritura maiúscula grega (ss IX-X). Converteuse no alfabeto civil ruso e, tamén o usan as linguas ucraína, serbia e búlgara. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a un modo das linguas semíticas, de contido exhortativo, limitado practicamente ás primeiras persoas de singular e de plural. Tm s m.

    VER O DETALLE DO TERMO