"Cabe" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 992.

  • Ave, da familia dos catártidos, de plumaxe castaña escura e de cabeza e pescozo vermellos sen emplumar. Habita en gran parte de América meridional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Contorno luminoso ou dourado que rodea a cabeza das imaxes esculpidas ou pintadas, especialmente as da iconografía cristiá.

      1. Coroa que rodea a Lúa nos eclipses solares.

      2. Anel luminoso de cor branca azulada e difusa, que aparece ás veces arredor do Sol, da Lúa ou doutros astros. 

    2. Luz azulada que aparece arredor das lámpadas cando o aire dunha mina contén grisú.

    3. Círculo luminoso que envolve un obxecto.

    4. Opinión favorable que se ten dunha persoa polos seus méritos ou virtudes.

    5. Fenómeno óptico en forma de contorno anular, de luminosidade e de coloración difusas, que aparece ás veces envolvendo os obxectos que se observan a través dun sistema óptico.

    6. Zona de contacto, tamén chamada auréola metamórfica, entre unha masa intrusiva e as rochas que a encaixan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave corredora da familia dos estruciónidos, que presenta a cabeza pequena e pelada, cos ollos grandes e o bico ancho e aplanado de forma triangular. Teñen as patas moi longas, rematadas en dous dedos, e viven en grupos nas sabanas e nos desertos de África e do SO de Asia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave de gran tamaño da familia dos otídidos, de pescozo longo e patas longas e robustas, que presenta a cabeza e o pescozo gris, a parte superior do corpo ocre con ondas negras e a inferior branca, as ás brancas agrisadas, coas puntas negras, e a cola arrubiada cos lados brancos. O macho caracterízase por presentar un bigote de plumas brancas que emprega para o cortexo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e resultado de axudar.

    2. O que permite alcanzar un obxectivo prefixado.

      1. Acción e efecto de prestar axuda ou socorro, contribución ou subsidio ao rei ou ao señor para sufragar as súas necesidades ou por causa de circunstancias especiais.

      2. Complemento en diñeiro que, ademais do soldo, se entregaba aos  que exercían un cargo.

    3. enema.

    4. Diñeiro que se entrega a funcionarios e algúns empregados para sufragar os gastos diarios ocasionados en desprazamentos, fóra do lugar de residencia, por razón do seu traballo.

    5. Bens de consumo, de equipo ou de capital cedidos polas organizacións de carácter internacional, polos organismos crediticios estatais ou polo sector privado, a un estado ou país coa finalidade de asegurar ou favorecer o seu desenvolvemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Levar a alguén ou algunha cousa a un lugar que está máis baixo.

    2. Ir dun punto a outro situado nun nivel máis baixo.

    3. Facer que algunha cousa vaia de máis a menos.

    4. Estender un anaco de tecido para facer máis longa algunha peza de roupa.

    5. Copiar directamente nun ordenador un programa ou documento, conseguíndoo a través dunha rede como a Internet, do mesmo xeito que se se copiase desde un CD-ROM ou un disquete.

    6. Saír do interior dun vehículo ou deixar de estar sentado nel.

    7. Ir facéndose algunha cousa máis pequena ou máis escasa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porción de líquido que cabe nun balde.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cetáceo da suborde dos misticetos, da familia dos balénidos, dos neobalénidos e dos estríctidos que poden acadar ata os 30 m de lonxitude. Carecen de dentes e no seu lugar teñen barbas que actúan como filtro para reter o plancto do que se alimentan, especialmente de krill. Durante o verán habitan nos mares fríos e durante o inverno nos temperados, onde nacen as crías.

    2. Cada unha das láminas que presenta este mamífero na mandíbula superior que pola súa dureza ten diferentes aplicacións.

    3. Lámina de calquera material semellante ao que se extrae da mandíbula superior do cetáceo do mesmo nome.

    4. Balea, da familia dos escríctidos, de ata 15 m de lonxitude, coa aleta dorsal pouco prominente. Ten características anatómicas singulares e primitivas dentro das baleas.

    5. Balea ártica, da familia dos balénidos, de ata 20 m de lonxitude, que presenta manchas brancas debaixo da cabeza, que carece de calosidades e ten o beizo inferior branco.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao mar Báltico ou aos países bálticos.

      2. Natural ou habitante dos países Bálticos.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo báltico.

      2. Individuo do pobo báltico.

      3. Pobo de estirpe alemá das provincias bálticas do Imperio Ruso.

      1. Lingua orixinaria do grupo das linguas bálticas modernas.

      2. Familia de linguas baltoeslavas que se compón de tres linguas principais, o letón, o lituano e o prusiano antigo, desaparecido no s XVII.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á raza baltooriental ou aos seus representantes.

    2. Individuo da raza baltooriental.

    3. Raza do grupo leucodermo, que presenta individuos braquicéfalos, de cabelos e ollos claros e de nariz ancho e curto. Distribúense polo L e NL de Europa ata o N e centro de Asia.

    VER O DETALLE DO TERMO