"Bolos" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 84.

    1. Cada unha das divindades da natureza veneradas polos gregos antigos. Na mitoloxía romana foron identificadas como camena.

    2. Forma que se presenta na metamorfose dos insectos holometábolos entre a última muda larval e o estado adulto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado de desenvolvemento postembrionario dos insectos holometábolos durante o que a larva ou a ninfa está pechada nun casulo e mingua considerablemente as actividades vitais.

    2. Período de tempo en que o insecto permanece neste estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Punto do horizonte sensible entre o norte e o oeste, que se representa cos símbolos NO ou NW.

    2. Rexión ou país situados nesta dirección.

    3. ento que sopra desta dirección.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Maneira de notar ou representar algunha cousa cun sistema de sinais ou de caracteres.

    2. Conxunto de símbolos que se utiliza para representar os entes e as operacións, e que simplifica a resolución dos problemas matemáticos.

    3. Sistema de escritura musical que mediante signos convencionais axuda a precisar a altura absoluta ou relativa dos sons, a súa duración e a duración dos silencios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pseudociencia que trata de explicar misterios e de efectuar predicións de futuro mediante símbolos e propiedades numéricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cantidade pequena coa que se contribúe a un fin determinado.

      1. Unidade menor do sistema de moedas de prata na Antiga Grecia, que tiña como unidade superior o dracma.

      2. Metade de calquera moeda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ortópteros.

    2. Insecto da orde dos ortópteros.

    3. Orde de artrópodos, da clase dos insectos, pterigotos hemimetábolos, de dimensións medianas ou grandes, que teñen o corpo cilíndrico, e a cabeza alongada, o primeiro par de ás elitroides e o segundo membranoso, o aparato bucal mastigador e o terceiro par de patas máis desenvolto ca os outros dous pares. As migracións dalgunhas especies, como as lagostas, constitúen unha verdadeira praga, dado o gran número de individuos que se desprazan e os seus hábitos fitófagos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Personaxe do Entroido ourensán que leva un traxe feito de pelicas, do que destaca a carauta que se prolonga nunha especie de mitra adornada con símbolos animais ou astrais.

    2. Persoa que traballa as peles.

    3. Lugar destinado a secar e curtir peles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espazo pechado situado arredor dun templo ou edificio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pterigotos.

    2. Insecto da subclase dos pterigotos.

    3. Subclase de insectos integrada por individuos con ás, ou ápteros por perda secundaria das ás, hemimetábolos ou holometábolos, e sen apéndices abdominais nos adultos.

    VER O DETALLE DO TERMO