"Andes" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 557.

  • Planta monocotiledónea da familia das amarilidáceas ou das liliáceas, apreciada por presentar flores grandes e de cores vivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primate catarrino do xénero Papio, da familia dos cercopitécidos. Ten o morro longo e calvo, as mandíbulas fortes e os cairos moi potentes, o rabo ben desenvolvido e as calosidades isquiáticas grandes, a miúdo de cores vivas. Viven entre rochas nas ladeiras das montañas e son exclusivos de África.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade monetaria tailandesa. Subdivídese en 100 satang. O cambio en relación ao dólar é de 25 baht (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento de inclinación dun corpo alternativamente a un lado e a outro dun punto fixo.

    2. Confrontación do activo e do pasivo dun negocio para coñecer o seu estado.

    3. Comparación dos feitos favorables e desfavorables dunha situación.

    4. Movemento de oscilación dunha aeronave ou embarcación ao redor do seu eixe lonxitudinal.

      1. Documento contable que resume os datos referentes ás operacións administrativas dun patrimonio de acordo cun sistema de contas determinado.

      2. Estado extractado ou derivado de anotacións contables a partir do que se fai constar, se comproba ou se demostra a exactitude de ditas anotacións ou dun resultado da xestión da empresa.

      3. Rexistro de todos os activos netos das unidades económicas do país que, en conxunto, forman o capital nacional.

      4. Estado que expresa o movemento positivo e negativo dos elementos da conta, de perdas e ganancias, durante o exercicio.

      5. Síntese do balance xeral en que se presentan as contas en grandes grupos patrimoniais e normalmente ordenadas no activo e no pasivo.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore de grandes dimensións, da familia das sapotáceas, de follas sempre verdes e froitos comestibles. A madeira emprégase para a fabricación de travesas e na construción, e tamén se aproveita o látex. OBS: Tamén se denomina balata.

    2. Goma que se extrae do látex da balata. É forte e resistente á auga. Foi empregada na fabricación de illantes eléctricos, tecidos impermeables e revestimentos de cables.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos balenoptéridos.

    2. Mamífero da familia dos balenoptéridos.

    3. Familia de mamíferos cetáceos da suborde dos misticetos que comprende diversas especies do xénero Balaenoptera, denominadas máis propiamente rorcuais. Teñen as barbas máis curtas e ríxidas ca as dos balénidos, e as primeiras vértebras cervicais libres. Baixo o pescozo e o peito teñen unhas grandes pregaduras lonxitudinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Artefacto militar de grandes dimensións, utilizado polos gregos e polos romanos nos asedios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo á banana ou ao seu cultivo.

    2. Planta herbácea, do xénero Musa, da familia das musáceas, de talo subterráneo, que orixina unha parte aérea constituída polos pecíolos envaiñadores das follas. As follas son grandes e oblongas. A planta morre logo de producir os froitos denominados bananas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Artiodáctilo ruminante, da familia dos bóvidos, de grandes dimensións, que vive nas zonas forestais ou lamacentas da Insulindia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore do xénero Adansonia da familia das bombáceas, de toro extremadamente groso e que acumula grandes reservas de auga durante a época das chuvias.

    VER O DETALLE DO TERMO