"RC" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 6055.

    1. Título endosable representativo da propiedade dunha mercancía, xeralmente agrícola, depositada nun almacén ou nos peiraos.

    2. Certificado de opción para subscribir, nun título valor, durante un período ou a data fixa, e a un prezo fixo, determinados instrumentos financeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sacerdote tungú que se cre en contacto co máis alá e que exerce un poder sobrenatural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pata traseira do porco, especialmente salgada e curada.

    2. Carne que se obtén desa pata, especialmente salgada e curada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que lle gusta moito o xamón.

    2. Aplícase ao animal que ten boas patas traseiras.

    3. Persoa que comercia coa carne de porco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Soldado de infantaría do exército turco nos ss XIV-XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corda que pecha a rede de cerco pola parte inferior.

    2. Arte de pesca do cerco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que posúe a máxima autoridade dun grupo.

    2. Autoridade superior dun país.

    3. Persoa que exerce a dirección do poder executivo nos estados onde non o rexe exclusivamente o xefe de estado. OBS: Tamén se denomina presidente do consello de ministros, primeiro ministro ou chanceler.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xornada durante a que se realiza un traballo.

    2. Traballo que se fai na xornada.

    3. Cartos que percibe unha persoa polo traballo feito no día.

    4. Esforzo que realiza unha persoa.

    5. Momento en que a unha persoa lle toca facer algo, despois dunha previa repartición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pequeno vulto ovoidal das plantas, aínda sen desenvolver, constituído por unha cuberta de pequenas follas modificadas moi imbricadas que protexen unha porción de tecido meristemático en fase de repouso, que dá lugar a novas pólas, flores ou follas.

    2. Parte globosa central do ovo, de cor amarela.

    3. Masa de carne de forma arredondada que teñen as puntas dos dedos pola parte oposta á unlla.

    4. Calquera pedra preciosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tipo de reprodución asexual, frecuente en protozoos e invertebrados, que consiste nunha división mitótica ou na separación dunha porción do corpo, que orixina un novo individuo.

    2. Proceso de formación de xemas.

    VER O DETALLE DO TERMO