"Post" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2693.

      1. Circunstancia que se pode dar entre todas as posibles.

      2. Feito ou situación dalgún interese que sucede ou que pode suceder.

      3. Realización concreta dun feito ou dun suceso determinado.

    1. Procedemento polo que unha lingua manifesta a función sintáctica que un constituínte nominal ten dentro da frase.

    2. Xuízo que se lle presenta a un avogado ou xuíz.

    3. Manifestación particular dunha enfermidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza da armadura que cobre o cranio.

    2. Peza para a cabeza redonda e sen abas nin viseira.

    3. Cabeleira postiza que cobre unha parte da cabeza.

    4. Parte máis ou menos esférica situada no extremo dalgunha cousa.

    5. Cartucho de metal baleiro.

    6. Porción de esfera limitada por un plano menor ca a semiesfera e que se adoita aplicar ás estruturas dos túmulos megalíticos.

    7. Cada unha das dúas partes en que un plano divide unha superficie esférica.

      1. Acumulación de xeo de grandes dimensións, principalmente nas rexións polares e nos cumios máis elevados.

      2. Gran masa de xeo continua que cobre as rexións situadas nas latitudes polares.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imposto que o señor feudal percibía dos seus vasalos para a construción e conservación do castelo cando estes se refuxiaban nel ou estaban presos, e polo paso de mercadorías ou de gando polos seus territorios.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Árbore do xénero Castanea, da familia das fagáceas, que se caracteriza por producir as castañas.

      2. Árbore caducifolia de follas grandes, lanceoladas, fortemente dentadas, glabras, lustrosas e coriáceas. Os seus froitos reúnense dentro dun ourizo coriáceo e espiñento. Vive en terreos profundos, ricos en materia orgánica e pouco arxilosos.

      3. Árbore caducifolia, da familia das hipocatanáceas, de follas compostas con froitos que abren en tres valvas.

    1. Extracto acuoso da madeira e da cortiza do castiñeiro, que se emprega para o adobe de peles.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mamífero acuático do xénero Castor, da familia dos castóridos. Ten o corpo groso, cuberto dun pelame ríxido. Posúe dous grandes dentes incisivos. As extremidades anteriores permiten que o animal teña unha gran capacidade de manipulación mentres que as posteriores son máis fortes con membranas interdixitais. Aliméntanse, fundamentalmente, de cortizas e de pólas novas.

      2. Roedor da familia dos aplodóntidos, repoludo e de ollos pequenos, con patas pentadáctilas de uñas longas e cunha cola pequena cuberta de pelos longos. De hábitos nocturnos, constrúe o tobo preto da auga onde amorea alimento para o inverno.

    1. Pel deste animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cemiterio subterráneo composto por galerías e cámaras. Foi usado fundamentalmente polos cristiáns durante o Imperio Romano, se ben a súa existencia é anterior a eles. Descatan as de Domitila, San Calisto e San Sebastián.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos catártidos.

    2. Ave da subfamilia dos catártidos.

    3. Subfamilia de aves da orde dos ciconiformes, composta por individuos que presentan moita axilidade no voo e torpeza nos seus movementos en terra. Son moi semellantes aos voitres e as especies máis representativas son a aura, o cóndor e o urubu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Libro que contén un sumario dos principios da doutrina cristiá, xeralmente en forma de preguntas e respostas.

    2. Libro que contén un resumo dos principios dunha doutrina.

    3. Compendio doutrinal dirixido ás clases populares e empregado, especialmente no s XIX, para divulgar teorías políticas e sociais a través de preguntas e respostas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos grupos nos que se poden clasificar os obxectos atendendo a características comúns.

      1. Cada un dos graos ou grupos que se establecen nunha profesión segundo os coñecementos e o tipo de traballo que se realiza.

      2. Cada un dos grupos nos que se dividen os participantes nun campionato deportivo estruturado pola idade dos seus integrantes ou polos méritos adquiridos anteriormente.

      1. Clases xerais ás que se poden reducir os termos, os conceptos ou os entes. O uso técnico desta palabra está determinado fundamentalmente pola doutrina de Aristóteles e Kant.

      2. Concepto fundamental no sistema de referencias mentais dun filósofo ou dun tipo de actividade humana.

      1. Clase xeral en que se reparten todos os elementos dun sistema lingüístico.

      2. Categoría que se descobre nunha lingua a partir da maneira na que esta se organiza.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está disposto en forma de cadeneta.

    VER O DETALLE DO TERMO