"Edra" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 643.

  • Útil prehistórico, construído sobre lascas de pedra e co fío retocado, empregado para raspar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enfermidade cutánea contaxiosa, que se caracteriza por pequenas vesículas e esfoladuras que causan un forte proído.

    2. Capa de sucidade na pel ou na roupa.

    3. Desexo forte de acumular riquezas.

    4. Aparello de pesca que consiste nunha pedra que se ata a un pau onde vai o engado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que medra ou se move a nivel do chan.

    2. Que se comporta de maneira baixa e desprezable para conseguir os seus propósitos.

    3. Centeo que se sementa nun terreo sen estercar despois de coller as patacas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Trampa que se emprega para cazar ratas e ratos.

    2. Pedra que se coloca horizontalmente na parte inferior do hórreo para impedir que suban os ratos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de materiais para tirar que quedan despois de facer unha obra, de demoler unha construción ou de limpar o leito dun río.

    2. Pedra irregular e pequena que se emprega na construción de muros e paredes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Carballo de tronco pequeno e groso, con follas de cor pálida.

    2. Toro dunha árbore co que se fai leña.

    3. Pau ou pedra que se lanza contra algo ou alguén, especialmente o pau curto que se tira ás polas dunha árbore para que caia a froita.

    4. Pau curto e cilíndrico que se utiliza para rasar medidas, tirando o cugulo.

    5. Persoa grosa e, polo xeral, de pouca estatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Círculo que forman as plantas que se estenden ao medrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Canle natural ou suco polo que corre a auga para distribuíla.

    2. Terreo moi húmido onde medra a herba e outro tipo de plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO