"RAG" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 614.

  • Persoa que practica o piragüismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aceite sintético que se emprega como illante en determinados transformadores e condensadores polo feito de non desprender gases inflamables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óxido de manganeso que cristaliza no sistema tetragonal en cristais opacos de cor gris de ferro e, por veces, azulada, e brillo metálico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto perennifolio, da familia das pitosporáceas, que presenta as follas ovais, coriáceas, de cor verde escura e flores pequenas, de cor branca, de moita fragrancia, e o froito en cápsula oval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membrana serosa (dereita e esquerda) que, no tórax, tapiza os pulmóns (pleura visceral), a superficie interna da parede da cavidade torácica (pleura parietal) e o diafragma (pleura diafragmática).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á obra ou fragmento musical en que interveñen dous ou máis coros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza musical formada por unha sucesión de melodías, fragmentos ou temas de obras diversas.

    2. Mestura de cousas diversas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Abertura feita ou deixada expresamente na parede, nunha reixa ou nun valado, desde o chan ata unha altura conveniente, que permite entrar e saír nunha casa, cuarto ou cercado.

    2. Abertura de acceso a un lugar.

    3. Abertura dun forno de panadeiro, de oleiro ou de vidreiro, pola que se enforna e desenforna e a través da que se efectúan outras operacións propias dun forno.

    4. Parte da almadraba que dá acceso ao cope e que é tapada cunha rede cando os peixes están dentro.

    5. Porta grande dunha casa de labranza que permitía o paso do carro.

    6. Acceso principal dunha cidade ou dun edificio.

    7. Porta aberta nun lateral dalgunhas catedrais, onde os fieis poden gañar indulxencias ao entrar por ela.

    8. Porta situada na parte traseira ou lateral dun edificio e que non é a principal.

    9. Porta que hai nas basílicas maiores romanas e nalgunha outra basílica da cristiandade, ao lado da porta principal, e que se abre solemnemente con ocasión do xubileu ou ano santo, na vixilia do Nadal, e se tapa solemnemente na mesma data do ano seguinte.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desgraza que afecta a unha comunidade ou a un pobo.

      1. Cantidade elevada dalgunha cousa que resulta moi prexudicial para os seres vivos.

      2. Proliferación dun organismo vivente que provoca a destrución doutros seres vivos ao invadilos.

    2. Persoa ou cousa que resulta molesta.

    3. Castigo divino con que Moisés obrigou o faraón a deixar saír de Exipto o pobo de Israel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina integrada na semiótica que estuda a linguaxe tendo en conta a relación cos usuarios e as circunstancias comunicativas.

    VER O DETALLE DO TERMO