"par(a)" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 528.

    1. Conseguir que desapareza algún tipo de desacordo entre dúas ou máis persoas.

    2. Deixar de discrepar, de estar en discordia ou recuperar a amizade dúas ou máis persoas.

    3. Mostrarse de acordo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ocupar algo ou alguén  un determinado espazo en función do seu volume.

    2. Facer que unha cousa amose un volume ou tamaño superior ao que tiña.

    3. Dar proporcións excesivas a algo ou representalo traspasando os seus límites reais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de axustar ou de axustarse.

    2. Operación estatística que consiste en atopar a lei que resume, do mellor modo posible, a variación dunha variable aleatoria Y en función doutra variable X, da que depende.

    3. Tipo de reacción pola que un suxeito fai desaparecer o estímulo que motivou a situación de desequilibrio entre el e o ambiente. Nun sentido amplo emprégase como sinónimo de adaptación.

    4. Efecto que resulta da operación de axustar dúas pezas entre elas e que depende da súa diferenza de dimensións.

    5. Conxunto de operacións que realiza o axustado, que poden ser clasificadas en  operacións de trazado, desbaste, modelado, acabado, medida e verificación.

    6. Política económica de reformas dos desequilibrios dunha economía.

    7. Teoría pola que calquera perturbación que desequilibre o sistema económico provoca unha reacción automática no mesmo sistema, que o leva a unha situación na que novamente tende ao equilibrio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pobo da Gallaecia, no Convento Xurídico Lucense, que debeu ocupar un espazo adxacente ao dos ártabros entre os ríos Mandeo e Eume e a serra da Loba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tecido frouxo de la ou de la mesturada con algodón, con ligaduras de sarga, feltrado e cuberto de pelo por unha cara ou polas dúas.

    2. Pano elaborado con la ou outro tecido groso e absorbente para limpar ou fregar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Froito carnoso, indehiscente, monocarpelar ou pluricarpelar, de epicarpo delgado e membranoso, e mesocarpo e endocarpo carnosos. As sementes pódense atopar inmersas directamente dentro da polpa homoxénea ou ben estar ordenadas en diversas cavidades.

    2. aíña ou casulo en que se desenvolven as sementes dalgunhas plantas, coma as fabáceas ou o liño.

    3. Restos dalgúns froitos coma a uva despois de espremelos e pisalos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa sucia e de aspecto descoidado.

    2. Muller encargada de destripar a sardiña nas fábricas de salgadura instaladas en Galicia no s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recipiente plano e algo cóncavo de formas distintas que pode estar realizado en diversos materiais e que se emprega para servir, presentar ou recoller algo.

    2. Peza plana e movible colocada en posición horizontal que serve para tapar unha cavidade e soportar obxectos.

    3. Prato en que se bota a esmola nas igrexas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. ara delgada de ferro ou de madeira, que servía para cargar as armas dos ss XVII ao XIX.

      2. Accesorio para limpar o canón das armas de fogo portátiles e para extraer as vaíñas que quedan na recámara.

    1. ara que ten unha pequena bóla na punta, coa que se fan soar algúns instrumentos de percusión.

    2. Moldura estreita e redonda a modo de talo ou xunquiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insecto da familia dos mántidos que se caracteriza por desprazarse habitualmente sobre o segundo e terceiro par de patas reservando o primeiro par para a captura de presas.

    VER O DETALLE DO TERMO