"hexa" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 112.

  • Aplícase ao ácido que, no intestino, dá lugar á fitina, con efecto anticalcificante. É un éster hexafosfórico do inositol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aluminosilicato de magnesio e de potasio, do grupo das micas, que cristaliza no sistema monoclínico, en forma de prismas pseudohexagonais, e que ten unha cor marrón ou amarelada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arma ofensiva que consiste nunha hasta delgada, normalmente de madeira, á que se lle afía un dos extremos, ou se lle engade unha punta de ferro afiada, e unhas aletas no outro.

      1. Calquera obxecto en forma de frecha.

      2. Sinal semellante a unha frecha ou a unha cabeza de frecha, usado sobre todo para indicar unha dirección.

      1. Obxecto que se alza formando punta.

      2. Elemento arquitectónico, característico do gótico, que se trata dunha torre de forma cónica ou ben piramidal, coa base cadrada, hexagonal ou octogonal.

      3. Altura dun arco ou dunha bóveda desde a liña de arranque ata a clave.

      4. Tellado piramidal que está moi elevado respecto das dimensións das súas bases.

    2. Ángulo que forma a liña que une os puntos das cordas dos perfís dunha á situada a un 25% do ángulo de ataque co plano de simetría do avión.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento químico que pertence ao grupo dos lantánidos, de número atómico 64 e de peso atómico 157,25, que forma cristais metálicos con estrutura hexagonal compacta e se emprega en forma de complexo orgánico nas barras de control dos reactores nucleares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mineral formado por carbono puro que cristaliza no sistema hexagonal. É de cor negra, cun brillo metálico mate e opaco. Emprégase para fabricar as minas dos lapis e noutras aplicacións industriais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfuro de cadmio que cristaliza no sistema hexagonal, de cor amarela ou alaranxada, e que se presenta en codias terrosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten seis ganchos. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derivado haloxenado que se presenta en forma cristalina. Emprégase en síntese orgánica e como funxicida. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derivado hexaclorado do benceno, do que existen catro isómeros α, β, γ e δ de grande actividade insecticida. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derivado haloxenado do etano empregado como substituínte do alcanfor e para facer explosivos. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO