"auro" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 87.

    1. Relativo ou pertencente aos lacértidos.

    2. Réptil da familia dos lacértidos.

    3. Familia de réptiles escamosos da suborde dos sauros, co corpo longo e áxil, as extremidades ben desenvolvidas e provistas de cinco dedos delgados e con uñas. A cola é longa, aguzada, fráxil e rexenerable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos lepidosauros.

    2. Réptil da superorde dos lepidosauros.

    3. Superorde de réptiles, da subclase dos diápsidos, que inclúe as ordes dos ofidios e os saurios e que comprende os individuos que teñen a pel recuberta de escamas e a segunda fosa temporal pouco definida. Apareceron a finais do Permiano e no comezo do Triásico, e estendéronse por todo o mundo coincidindo coa desaparición dos dinosauros. Actualmente constitúen o grupo máis representativo e maioritario dos réptiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enfrontarse o toureiro ao touro segundo as regras da tauromaquia. Tm v i.

    2. Participar nunha lide ou loita.

    3. Enfrontarse con paciencia a algo ou alguén que ofrece moitas dificultades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos maurinos.

    2. Monxe beneditino da congregación francesa de san Mauro, creada en 1621.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos megalosáuridos.

    2. Réptil fósil da familia dos megalosáuridos.

    3. Familia de réptiles fósiles, do grupo dos dinosauros, de grandes dimensións, carnívoros, coa cabeza notablemente pequena e con cinco dedos en cada extremidade. Viviron durante o Xurásico e o Cretáceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saurio xigantesco extinto, da familia dos megalosáuridos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saurio da familia dos ánguidos que, como o escáncer, non ten patas, trazo que os fai externamente semellantes aos ofidios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ornitisquios.

    2. Réptil fósil da orde dos ornitisquios.

    3. Orde de réptiles fósiles, do grupo dos dinosauros, coa pube cara a abaixo e atrás, paralela ao isquion, que apareceron no Xurásico Inferior e podían provir de réptiles tecodontes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos paurópodos.

    2. Artrópodo da clase dos paurópodos.

    3. Clase de artrópodos, da superclase dos miriápodos, que presentan o corpo de pequeno tamaño, dividido en 11 segmentos, cun par de patas en cada un dos nove primeiros segmentos, antenas bifurcadas, coas pezas bucais simples e febles, cun par de mandíbulas non artelladas e un só par de maxilas máis ou menos fusionadas. Carecen de aparato respiratorio e circulatorio diferenciado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Situación en que non hai guerras, conflitos nin enfrontamentos.

      2. Estado dun país que non está en guerra con outro.

      3. Estado dun grupo de persoas onde non hai disensións ou preitos.

      4. Prohibición eclesiástica de todo acto hostil contra persoas ou bens nunhas condicións determinadas, co fin de paliar as guerras privadas, frecuentes nos ss X e XI.

    1. Exención ou cesamento de hostilidades internacionais.

      1. Benestar, sosego ou silencio proveniente da ausencia de molestias, conflitos ou ruídos.

      2. Tranquilidade do ánimo, non turbado pola paixón, a ansia ou o temor.

      3. Rito litúrxico que consiste en desexárense os fieis mutuamente a paz a través dalgún signo externo, como un bico ou unha aperta.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO