"Axel" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 87.

  • Tipo de organización corporal das esponxas que se caracteriza por presentar cámaras flaxeladas no interior dos canais incurrentes. A auga entra e sae das cámaras polos condutos aferentes e eferentes respectivamente. Este tipo de organización é común en esponxas coloniais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase aos flaxelos agrupados nun feixe.

    2. Aplícase ao microorganismo que presenta flaxelos lofótricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento oscilatorio, vertical e periódico de ascenso e descenso do mar, que se produce pola atracción entre o Sol e a Lúa.

    2. Actividade de pesca ou marisqueo e o tempo que esta dura.

    3. Cantidade de pesca que captura unha embarcación nunha xornada.

    4. ento suave que sopra do mar.

    5. abalo.

    6. baixamar.

    7. ariación da presión atmosférica que se debe á acción gravitacional da Lúa e do Sol.

    8. Capa grosa de petróleo que se verte no mar accidentalmente e que causa a alteración das zonas costeiras e dos ecosistemas mariños afectados.

    9. Proliferación de dinoflaxelados nos ambientes mariños que provoca unha coloración vermella das augas e produce as biotoxinas que se concentran nos moluscos e crustáceos causando toxicidade amnésica, diarreica ou neurotóxica nos consumidores.

    10. Marea en que o mar baixa e sobe moito máis ca nas mareas habituais, causada pola lúa chea ou nova.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Funcionario que na Antiga Grecia se encargaba de gardar a orde.

      1. Subfilo de protozoos, do filo dos sarcomastigóforos, que posúen flaxelos como medio de locomoción. Inclúe protozoos fotosintéticos, fitomastigóforos e non fotosintéticos, zoomastigóforos, con numerosas ordes de interese parasitológico. É considerado por moitos autores un filo.

      2. Relativo ou pertencente aos mastigóforos.

      3. Protozoo do subfilo dos mastigóforos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás mastigomicotas.

    2. Fungo da subdivisión das mastigomicotas.

    3. Subdivisión de fungos filamentosos que producen zoósporas flaxeladas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corpúsculo intercelular que orixina o flaxelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos miliobátidos.

    2. Peixe da familia dos miliobátidos.

    3. Familia de peixes condrictios, da orde dos miliobatiformes, vivíparos, que presentan un disco subromboidal, aletas pectorais moi desenvolvidas, fusionadas coas marxes da cabeza e a aleta caudal flaxeliforme cun aguillón velenoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula ameboide dos mixomicetos que se orixina a partir dunha célula mixoflaxelada. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espora haploide dos mixomicetos que se orixina por xerminación. OBS: A primeira grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo de orixe pitagórica utilizado para designar os elementos últimos da realidade. Concepto fundamental na filosofía de Leibniz, considerounas elementos últimos da realidade, indivisibles e, polo tanto, sen extensión material, así como posuidoras de atributos anímicos e de dinamismo teleolóxico.

      1. Unidade orgánica ou organismo simple microscópico.

      2. Pequeno protozoo flaxelado.

      3. Célula única producida a partir dunha espora por efecto dunha anomalía meiótica.

    VER O DETALLE DO TERMO