"Forman" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 633.

    1. Relativo ou pertencente ao Oxfordiano.

    2. Piso do Malm, ou Xurásico Superior, que xace sobre o Calcoviano e baixo o Kimmeridxiano. As margas negras de Oxford conforman o estrato tipo. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arco rematado en punta en que os lados son dous arcos de círculo cóncavos e simétricos que se unen formando un ángulo curvilíneo.

      1. Forma xeométrica de control que ten o contorno formado por dous arcos que se unen no seu extremo e que lle serve, a certos aparatos, para reducir a resistencia aerodinámica do móbil e evitar o seu quecemento excesivo.

      2. Proa dalgunhas aeronaves que ten forma oxival.

      3. Parte dianteira dun proxectil.

      4. Parte frontal dun foguete de sondaxe ou de exploración espacial que contén, eventualmente, a carga útil e que a protexe durante o seu desprazamento pola atmosfera.

      5. Gráfico dunha distribución de probabilidade loxística, que corresponde a fenómenos que crecen proporcionalmente ao valor obtido pero cun límite finito non alcanzable.

      6. cabeza nuclear.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Territorio en que se asenta unha nación e que constitúe unha unidade xeográfica e política concreta.

    2. Nación ou grupo de persoas que forman unha unidade política.

    3. Territorio e poboación que forman un estado independente.

    4. Territorio propio dunha etnia determinada.

    5. Zona xeográfica con límites naturais ben delimitados.

    6. País subdesenvolvido, segundo a ONU, de acordo con índices diversos, que ten unha desvantaxe relativa para desenvolverse.

    7. País en vías de desenvolvemento que se atopa no limiar da industrialización e mostra un gran dinamismo exportador de produtos manufacturados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato empregado en palatografía que consiste nunha serie de espellos regulables que iluminan o interior da boca dun informante para fotografar a zona de contacto que a lingua produce no padal nunha articulación dada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos paleoterios.

    2. Placentario fósil da familia dos paleoterios.

    3. Familia de placentarios da orde dos perisodáctilos, fósiles do Eoceno europeo que forman unha liña paralela á dos équidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar dun barco pesqueiro situado na popa onde se gardan o peixe e as redes.

    2. Cortiza de forma cadrada que unida a outras serve para soster determinadas redes.

    3. Cada unha das pezas de madeira que forman o piso dunha embarcación.

    4. Parte da rede.

    5. Soporte de madeira ou táboas levadizas que están situadas no panel de popa e que forman o piso da embarcación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é semellante a unha bolboreta.

    2. Aplícase á corola dialipétala, cigomorfa, pentámera e de perfloración vexilar, que consta dun pétalo posterior grande ou estandarte, con dous pétalos laterais ou ás e dous pétalos inferiores ou internos que forman a carena. É característica das papilionáceas.

    3. fabáceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ulto grande ou conxunto de cousas agrupadas e envoltas xuntas.

    2. Envoltorio dunha ou varias cousas de pequeno tamaño.

    3. Conxunto de medidas ou determinacións tomadas para levar a cabo algunha cousa.

    4. Parte dunha composición tipográfica que contén cerca de mil letras.

    5. Grupo de programas que actúan conxuntamente.

    6. Persoa que viaxa no asento traseiro dunha motocicleta.

    7. Persoa torpe ou molesta.

    8. Avultamento que forman os órganos xenitais masculinos.

    9. Sanción imposta por infrinxir unhas normas ou a lei.

    10. Superposición de ondas monocromáticas nunha rexión finita do espazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terceiro estadio da profase da meiose, entre o cigoteno e o diploteno, onde os cromosomas forman tétradas e se producen as quiasmas entre cromosomas homólogos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de apéndices laminares dos pétalos que forman unha corola ou falsa corola dentro da corola propiamente dita.

    VER O DETALLE DO TERMO