"DOM" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 774.

    1. Nome que reciben diversas especies de insectos da orde dos ortópteros. Caracterízanse por ter antenas curtas, cor terroso e órganos estriduladores formados polos élitros e os fémures. Son fitófagos e teñen costumes gregarios.

      1. Crustáceo da familia dos palinúridos, que presenta o segundo par de antenas longas e fortes, o primeiro par de patas marchadoras e non teñen pinzas.

      2. Crustáceo macruro da familia dos palinúridos. Presenta o corpo de cor arrubiado ou rosa, xaspeado de manchas. Ten hábitos nocturnos e aliméntase de prea, bivalbos e gasterópodos.

      3. Crustáceo decápodo da familia dos palinúridos, que presenta o corpo de cor verdosa cunha mancha transversal branca en cada segmento do abdome. OBS: Tamén se denomina langosta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Crustáceo da orde dos decápodos, coas primeiras antenas moi curtas e que se caracteriza polas branquias internas das segundas antenas, moi planas e amplas.

    2. Crustáceo da orde dos decápodos, co primeiro par de patas en forma de grandes pinzas. Ten o abdome alongado e é de cor rosa. OBS: Tamén se denomina cigala.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos lampíridos.

    2. Insecto da familia dos lampíridos.

    3. Familia de insectos, da orde dos coleópteros, que presentan un aparato luminiscente amarelo verdoso situado no extremo apical do abdome. As femias son ápteras ou coas ás delgadas, mentres que os machos son alados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos landoma ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo landoma.

    3. Pobo africano que habita en Guinea Konakry.

    4. Lingua níxer-congo que fala o pobo landoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escudeiro que acompañaba aos homes de armas en Alemaña. Despois, o nome aplicouse ao soldado mercenario que cobraba polo seu dominio das armas e a súa reputación militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘abdome’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hernia da parede abdominal que non sae polos aneis inguinal ou crural. OBS: Tamén se denomina hernia ventral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que se emprega na exploración da cavidade abdominal, a través dunha punción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incisión cirúrxica da parede abdominal e do peritoneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pedra lisa e plana ou grupo de pedras unidas e levantadas a pouca altura sobre o nivel do chan onde se acendía o lume nas casas tradicionais.

    2. Base de pedra que forma o piso do forno onde se coce o pan.

    3. Casa onde nacen e viven varias xeracións dunha familia.

    4. Divindade do fogar ou lar na antiga Roma, que tiña a función de protexer as encrucilladas, murallas, recintos domésticos e, nalgúns casos, ata unha colectividade. Distinguíanse os lares compitales, os lares familiaris e os lares praesites. OBS: Nesta acepción adoita empregarse en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO