"presenta" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 4014.

    1. Relativo ou pertencente aos bóvidos.

    2. Mamífero da familia dos bóvidos.

    3. Familia de mamíferos, a máis numerosa da orde dos artiodáctilos, que inclúe algúns ruminantes como bois, cabras e gacelas e que presentan cornos ocos de formas e medidas variables (aínda que os dos machos son máis grosos) que non se ramifican, crecen continuamente e nunca caen.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bovinos.

    2. Mamífero da subfamilia dos bovinos.

    3. Subfamilia de mamíferos, da familia dos bóvidos, que comprende individuos de grandes dimensións e de corpo macizo e pesado, con fociño longo, grande e sen pelo, un rabo longo, acabado nun pincel de pelos, e barbela. Foron empregados polo ser humano desde antano como animais domésticos.

    4. Gando integrado por bois, vacas, becerros e outros representantes domésticos da subfamilia dos bovinos que se adaptan a diferentes tipos de explotación: intensiva ou totalmente estabulada, extensiva ou en réxime de pasto, e mixta ou semiestabulada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que practica o boxeo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Practicar o deporte do boxeo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deporte individual de combate que se basea no uso regulamentario dos puños e nas accións combinadas de ataque e defensa contra un adversario. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos bois ou a outros animais que presentan as patas cunha cor distinta á do resto do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfuro de platino, que cristaliza no sistema tetragonal e os seus cristais presentan un brillo metálico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos branquiópodos.

    2. Crustáceo da clase dos branquiópodos.

    3. Clase de crustáceos de tegumento moi pouco calcificado, que presenta as primeiras antenas e as segundas maxilas reducidas, e as patas aplanadas como filopodios que son empregadas para filtrar o alimento ou para o desprazamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos cranios humanos que teñen un índice cefálico igual ou superior a 81, presentando unha estrutura cranial curta e alta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos insectos coleópteros da superfamilia dos estafilinoideos, que se caracterizan por presentar élitros que non cobren a totalidade do abdome.

    VER O DETALLE DO TERMO