"presenta" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 4014.

    1. Relativo ou pertencente aos bombílidos.

    2. Mosca da familia dos bombílidos.

    3. Familia de moscas da suborde dos braquíceros que na fase adulta son grosas e cubertas dunha densa pilosidade, cuxas ás están coloreadas, e algunhas especies, como a Bombylius major, presentan unha longa probóscide que lles serve para libar nas flores. OBS: Tamén se denomina mosca abellón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe, da familia dos escómbridos, de corpo fusiforme, co dorso de cor azul escura con bandas oblicuas, e coa parte ventral branca. Presenta a liña lateral ondulada, o pedúnculo caudal estreito e de 7 a 10 aletiñas entre a segunda aleta dorsal e a caudal, e tamén entre esta e a aleta anal. Viven preferentemente nas costas tropicais e temperadas do Atlántico e no Mediterráneo.

    2. atún branco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta que presenta unha aparencia de árbore anana e que pertence a especies de porte arbóreo ou arbustivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Borato e cloruro de magnesio, que se presenta en masas brancas ou en cristais translúcidos, incoloros ou azulados, e constitúe un mineral dimorfo, cúbico e rómbico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sólido de lustre vítreo que se presenta en forma de mineral monoclínico holoédrico e que forma cristais prismáticos, curtos e grosos, incoloros ou de cor gris ou amarela, de fractura concoidal e brillo graxo e que se emprega na obtención doutros compostos do boro, nos vitrificados e na fabricación de esmaltes. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás boraxináceas.

    2. Planta da familia das boraxináceas.

    3. Familia de plantas subcosmopolitas, da orde das lamiais, que presentan follas alternas e desprovistas de estípulas, flores hermafroditas e pentámeras, coa corola tubular ou campanulada e froito en drupa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Borato de sodio e calcio hidratado que se presenta en agregados de cristais triclínicos, brancos e nodulosos, e ten propiedades ópticas para a fabricación de fibras ópticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de árbores e plantas moi espesas.

    2. Cadro que representa unha paisaxe chea de árbores e animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Formación vexetal na que as árbores ou arbustos adoitan presentar estruturas densas que favorecen unhas condicións microclimáticas peculiares, que permite a existencia dun espectro de vexetais e animais propios e adaptados a este medio.

    2. Bosque que ocupa bandas longas e estreitas.

    3. Bosque onde conviven árbores caducifolias e coníferas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tioantimoniato de cobre e chumbo, que se presenta en cristais rómbicos holoédricos pseudotetragonais de cor gris do chumbo e de brillo metálico.

    VER O DETALLE DO TERMO