"PL" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 9237.

    1. Acción e efecto de alternar dúas ou máis cousas.

      1. División ou repartimento dos terreos dunha explotación en tantas partes equivalentes como anos previstos para a sucesión de cultivos escollida como a máis conveniente.

      2. Alternancia practicada cando por calquera circunstancia hai que desistir do cultivo que correspondería segundo a alternancia prefixada.

      3. Alternancia, propia das explotacións moi intensivas, practicada cando as condicións do momento son as únicas que sinalan os cultivos a facer, sen regra fixa.

      1. Disposición de cada unha das pezas dun verticilo nos espazos existentes entre as pezas do verticilo inmediato.

      2. Lei pola que as follas ou pezas florais de dous verticilos consecutivos alternan entre eles.

    2. Fenómeno polo que o ciclo biolóxico completo dunha especie comprende dúas xeracións, unha sexual e outra asexual.

    3. Acción e efecto de alternar nunha formación estratigráfica diversas capas que se repiten sucesivamente.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que alterna con outro.

    2. Aplícase na análise tecnolóxica para denominar un trazo de posición e designa as extraccións dispostas sobre o mesmo bordo dunha peza efectuadas de xeito alternativo desde as dúas caras opostas, primeiro unha e logo outra, pero sen sobreposición.

    3. Que está formado por capas ou estratos que se repiten unha ou varias veces.

    4. Cada un dos elementos que interveñen nunha alternancia morfofonolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao ácido tóxico producido polo fungo Alternaria tenuis, patóxeno da pataca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade causada por fungos do xénero Alternaria, que produce alteracións na cor das follas dalgunhas plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se realiza con alternancia, segundo a orde marcada na quenda.

    2. Aplícase á temporalidade que sofre un proceso de alternancia.

    3. Aplícase ás follas ou outros órganos separados e dispostos en dúas ringleiras lonxitudinais que fan un ángulo aproximado de 180°.

    4. Que presenta alternancia nas rimas ou na estrutura dos versos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás plantas que, nun mesmo país, se poden atopar en localidades separadas por desniveis de máis de 2.000 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recurso métrico propio da lírica trobadoresca que consiste en manter as mesmas rimas da primeira estrofa en todas as demais como acontecía nas cobras unisonantes provenzais.

    2. Parte da topografía que se ocupa de medir as alturas, referidas a un plano de comparación.

    3. Conxunto de signos que nos mapas representan o relevo do terreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á altimetría

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fase especial de solifluxión en que esta se manifesta en forma de meseta (socalcos de altiplanación) e relevos aplanados constituídos pola acumulación de materiais rochosos soltos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elevación do terreo limitada por barrancos e sucada por vales encaixados e profundos.

    2. Grande extensión plana e elevada do fondo mariño.

    3. Resto dunha antiga chaira que ficou illada e desecada.

    4. Antiga chaira que ficou a certa altura a consecuencia de movementos tectónicos.

    5. Grande área plana orixinada por lavas, especialmente basálticas.

    VER O DETALLE DO TERMO