"Conti" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 779.

  • Antibiótico que produce a bacteria Bacillus brevis. É un polipéptido ciclopeptídico que existe en diferentes variedades, que se diferencian polo distinto contido en aminoácidos da cadea polipeptídica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proporción relativa dos diferentes elementos contidos nunha masa ou que entran na composición dun morteiro ou formigón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte da xeofísica que se ocupa da medida da aceleración da gravidade g e da medida cun gravímetro das anomalías que esta aceleración presenta.

    2. Técnica de análise química cuantitativa que se basea na determinación directa do peso da substancia problema contida nun peso predeterminado de mostra, ou na do peso dun derivado daquela substancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coroa tecida con flores e ramas.

    2. Motivo decorativo formado por follas, flores e froitos unidos por cintas de maneira que forman un todo continuo que colga por un dos seus extremos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que serve para medir o contido de grisú no aire das galerías das minas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe de auga que sae dun recipiente ou lugar de onde está contida cando este se rompe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estandarte que serve de guía nunha procesión ou comitiva.

      1. Escrito en que se apuntan de xeito esquemático e ordenado unha serie de puntos ou ideas que serven de guía para un discurso ou exposición.

      2. Texto en que se expón o argumento e os detalles técnicos necesarios para o desenvolvemento dunha película ou dun programa de radio ou televisión.

    2. Signo ortográfico <-> en forma de raia horizontal curta, que se emprega para unir os elementos que conforman unha palabra composta e para separar as sílabas dunha palabra en final de liña.

    3. Parte do remo comprendida entre a cana e o puño, ou cando está armado, a que media entre o tolete e o puño, por onde se agarra para vogar.

    4. Signo que, colocado sobre unha nota, indica que esta debe sosterse en toda a súa duración (tenuto). No baixo cifrado significa a continuación da harmonía precedente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Altiplano estrutural de superficie pedregosa, desenvolta a miúdo sobre unha capa de rochas calcarias de orixe continental.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á cultura heládica.

    2. Cultura prehistórica que se desenvolveu no territorio grego continental durante a Idade de Bronce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de depuración sanguínea extrarrenal que consiste en sacar o sangue do enfermo e facer que circule polo dun hemodializador, onde se separan as substancias nocivas contidas en exceso no sangue por difusión a través dunha membrana semipermeable. Emprégase en casos de insuficiencia renal aguda ou crónica.

    VER O DETALLE DO TERMO