"Gaci" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 492.

    1. Acción e efecto de postular.

      1. Petición de dispensa que fan os capitulares dunha igrexa á autoridade relixiosa competente para ao nomeamento dun prelado.

      2. Acto de demandar esmola os relixiosos designados por este oficio pola súa orde ou congregación.

    2. Capacidade procesual esixida pola lei para que as partes poidan exercer validamente o dereito á defensa do avogado e á representación do procurador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á práctica.

    2. Que só ten en conta as accións prácticas e que se afasta das consideracións teóricas.

    3. Que é útil e comporta un proveito inmediato.

    4. Que ten práctica en algo.

      1. Mariñeiro especializado nunha paraxe determinada dunha costa, que se dedica a coller o mando de barcos ou axudar os capitáns na navegación por aquelas paraxes.

      2. Piloto ou capitán da mariña mercante que dirixe a entrada ou saída de embarcacións dun porto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é anterior á escolarización obrigatoria dun cativo.

    2. Ensino non obrigatorio do sistema educativo promulgado pola Lei Xeral de Educación (1970) antes da promulgación da LOXSE, que comprendía unha etapa dos 2 aos 4 anos, que se realizaba no xardín de infancia, e unha segunda, dos 4 aos 6 anos, que se realizan na escola de párvulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Nome dado, na Roma antiga, a oficiais que desempeñaban funcións xurisdicionais por delegación dos maxistrados superiores.

      2. Grao do comisario da república, no estado francés, que é, desde 1982, o representante do estado no departamento ou na rexión.

      3. Bispo ou sacerdote delegado para que se ocupe dos asuntos eclesiásticos nunha misión onde aínda non hai organizada unha xerarquía ordinaria.

      4. Cada un dos cardeais delegados polo papa para presidir as diversas congregacións romanas.

    1. Encargado da formación dos mozos e de velar pola disciplina nalgúns colexios relixiosos ou seminarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa posta á fronte dunha xunta ou dunha comunidade.

    2. Título xenérico do superior dalgunhas ordes ou congregacións relixiosas.

    3. Título análogo ao de prefecto, na Roma imperial, que indicaba o xefe de funcionarios fóra dos cadros regulamentarios do exército e da administración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de prevaricar.

    2. Delito propio de quen falta á obrigación do cargo que exerce, desviándose dos deberes profesionais propios de maneira consciente e intencionada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento doutrinal e ascético, extinguido a finais do s VI, que se caracterizou polo rexeitamento da distinción das tres persoas da Santísima Trindade e a negación da Encarnación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prolongación cefálica de diferentes grupos animais, como a trompa dos elefantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xeito de proceder ou obrar para conseguir un resultado.

      1. Conxunto de regras que determinan a actuación por trámites xudiciais ou administrativos para a consecución dun fin.

      2. Concatenación lóxica dos actos efectuados nun proceso, ben polas partes, ben polo tribunal.

      3. Conxunto de actos ou trámites a través dos que se produce a vontade administrativa para o cumprimento dun fin de interese público.

      4. Recurso seguido ante a xurisdición contencioso-administrativa sobre as pretensións presentadas con relación aos actos da administración pública suxeitos ao dereito administrativo e ás disposicións de categoría inferior á de lei.

      5. Obrigación que teñen os xuíces de tomar a iniciativa nalgúns asuntos civís ou criminais.

      6. Procedemento para a tramitación e resolución das reclamacións sobre actos de xestión, inspección e recadación tributaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que obra en representación e co poder legal doutro.

    2. Persoa que representa a outra nun xuízo.

    3. Persoa que se encarga dos asuntos económicos en certas comunidades e congregacións relixiosas.

    4. Representante das vilas na Corte en Castela-León, durante a Baixa Idade Media.

    5. Crego que efectúa as funcións civís ante o tribunal da Rota Romana.

    6. Persoa designada por quenda e nomeada polo colexio de procuradores, que representa nos xuízos civís os litigantes e nas causas penais os querelantes.

    7. Deputado nas Cortes en España, a partir do Estatuto Real de 1834 ata a Lei de Reforma Política de 1977.

      1. Representante do monarca en todos os seus negocios.

      2. Fiscal xeral dun estado ou do máximo tribunal xurídico que exerce as funcións do ministerio público.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO