"mano" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 716.

  • Doutrina que ensina que, pola graza de Xesús Cristo, un ser humano queda liberado da obriga de seguimento de calquera lei moral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘home, ser humano’. OBS: Tamén se emprega como sufixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina que considera o ser humano como centro do universo.

    2. Principio básico que consiste en buscar unha interpretación das cousas sen procurar explicacións divinas ou ultraterrenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Hábito de comer carne humana, especialmente cando se leva a cabo por parte doutros humanos.

    2. Calidade de antropófago.

    3. Subcorrente literaria do modernismo portugués que foi iniciada en 1928 por Oswald de Andrade (1890-1953) na Revista de Antropofagia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Simpatía polos seres humanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que sente simpatía polos seres humanos. Tm s.

    2. Relativo ao vexetal que resulta favorecido na súa diseminación pola acción do home.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ciencia que estuda o ser humano.

      2. Ciencia que estuda o home como obxecto das ciencias naturais, analizando a variabilidade normal do corpo humano no espazo e no tempo.

      3. Estudo da cultura humana desde as súas orixes ata os nosos días e das súas variedades e adaptacións en función das súas relacións sociais e biolóxicas.

      4. Estudo das estratexias, relacións e institucións económicas das sociedades primitivas.

      5. Estudo do ser humano en función da súa conduta social. As orientacións teóricas son o estruturalismo e o funcionalismo.

    1. Reflexión filosófica sobre o ser humano que ten como obxecto o home como ser natural e ser esencial.

    2. Reflexión sobre o home a partir da revelación que inclúe o tratado teolóxico sobre a creación do home, a súa caída e a súa redención.

    3. Estudo dos factores antropolóxicos en relación á actividade criminal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rama da antropoloxía que mide as diferentes partes do corpo humano e determina as súas proporcións.

    2. Estudo da estrutura corporal para predeterminar os deportes para os que  un individuo está máis capacitado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que atribúe a forma e as características do home á divindade ou a calquera ser non humano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación dun ente non humano mediante un antropónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO