"condri" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 52.

    1. ertebrado do grupo dos peixes.

    2. Grupo de cordados, do subtipo dos vertebrados, integrado por animais de sangue frío, respiración primariamente branquial e hábitat acuático. Son animais mandibulados desde o punto de vista da anatomía externa, e caracterízanse pola súa forma de fuso, polo seu recubrimento de escamas (osteíctios) ou dentículos dérmicos (condrictios) e pola presenza dunha serie de aletas.

    3. Peixe condrictio, da familia dos escuatínidos, de cor parda no dorso e abrancazada no ventre, que presenta ollos na parte superior, aletas peitorais, que son carnosas, altas e anchas, e carece de aleta anal.

    4. Peixe condrictio, da familia dos cetorrínidos, que ten 200 fileiras de dentes en cada maxilar e enormes fendeduras branquiais, e que se alimenta por filtración.

    5. Peixe, da familia dos trichiúridos, que presenta o corpo en forma de cinto, aleta dorsal ondulada, de cor prateada e cola pequena.

    6. Peixe, da familia dos xífidos, que se caracteriza pola prolongación do maxilar e do premaxilar da mandíbula superior en forma de espada que pode alcanzar o terzo da lonxitude total do corpo, mentres que a mandíbula inferior é moito máis curta. De costumes peláxicos, só se achega á costa no verán para desovar.

    7. Peixe do xénero Rhinobates, que ten o corpo alongado, cos extremos das aletas peitorais superpostos coas aletas ventrais e a cabeza máis plana e ancha.

    8. Peixe de pequeno tamaño, da familia dos gobiesócidos, que presenta unha mandíbula con dous ou tres cabeiros ben desenvolvidos e unhas aletas pélvicas con forma de ventosa.

    9. Peixe de gran tamaño, da familia dos mólidos, que presenta forma arredondada, boca pequena con dous dentes picudos, as aletas dorsal e anal moi altas que se xuntan coa caudal, e carecen de vexiga natatoria.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membrana fibrosa que recobre a superficie dunha cartilaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación do pericondrio que pode aparecer sobre todo na larinxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos placodermos.

    2. Peixe fósil da clase dos placodermos.

    3. Clase de peixes acoirazados que están provistos de mandíbulas. Son afíns evolutivamente aos condrictios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pleurotremados.

    2. Peixe da orde dos pleurotremados.

    3. Orde de peixes condrictios que se caracterizan pola situación lateral das aberturas branquiais, coa marxe interior da aleta peitoral libre e coas dúas metades da cintura escapular non fusionadas dorsalmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos prístidos.

    2. Peixe cartilaxinoso da familia dos prístidos.

    3. Familia de peixes, da clase dos condrictios, que presentan o corpo comprimido dorsoventralmente e a mandíbula prolongada en forma de serra, con dentes duros e afiados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos quiméridos.

    2. Peixe da familia dos quiméridos.

    3. Familia de peixes condrictios que presentan cola estreita, coas aletas dorsais e ventrais grandes e viven a profundidade intermedia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos raiiformes.

    2. Peixe da orde dos raiiformes.

    3. Orde de peixes, da clase dos condrictios, de corpo aplanado dorsiventralmente, tronco en forma de escudo ou disco aplanado, e cola máis ou menos longa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos rinobátidos.

    2. Peixe da familia dos rinobátidos.

    3. Familia de peixes condrictios, da orde dos raiiformes, que presentan o corpo alongado, fusiforme e deprimido, dúas aletas dorsais iguais e a caudal ben desenvolvida. Habitan nos fondos de area e lama, e aliméntanse doutros peixes e de invertebrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mitocondria do sarcoplasma dunha fibra muscular.

    VER O DETALLE DO TERMO