"UPI" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 102.

    1. Relativo ou pertencente aos félidos.

    2. Mamífero da familia dos félidos.

    3. Familia de mamíferos da orde dos carnívoros que presentan a cabeza arredondada, co fociño curto, ollos con pupilas que se contraen verticalmente, bigotes e barbas ben desenvolvidos, e lingua cuberta de papilas córneas. Na maior parte das especies as unllas son grandes, afiadas, curvadas e retráctiles. Presentan unha capacidade de audición e visión moi elevada.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ten pouco grosor.

      2. Que é aguzado.

      3. Que está formado por partículas moi pequenas.

      4. Que está formado por unha estrutura tupida ou de furados pequenos.

    1. Que presenta unha superficie sen asperezas.

    2. Que é de boa calidade ou de gran pureza.

    3. Que está ben proporcionado ou que ten as faccións delicadas.

    4. Que ten un gusto esixente.

    5. Que manifesta boa educación e cortesía no trato.

    6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore caducifolia dioica, da familia das ginkgocáceas, provista de follas alternas flabeladas, con flores masculinas en amentos e femininas bilobuladas e de froitos drupiformes. OBS: Tamén se denomina árbore dos corenta escudos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea perenne, da familia das escrofulariáceas, perenne, de talos glabros inferiormente e pubescente-glandulosos na inflorescencia, follas enteiras lanceoladas, flores de cor rosácea agrupadas en acios terminais e froitos en cápsula.

    2. Planta herbácea perenne, da familia das ranunculáceas, perenne, de talos reptantes con nós dos que brotan as raíces, follas basais con segmentos peciolados e flores de cor amarela brillante. É unha planta velenosa para o gando.

    3. Planta herbácea da familia das ranunculáceas, cos talos rastreiros, follas con pecíolo envaiñante na base e o limbo en forma de ril, flores grandes e de cor branca e froito de tipo aquenio con pico longo.

    4. lesta.

    5. armol.

    6. cordeiro de praia.

    7. alleira.

    8. Planta herbácea perenne, da familia das primuláceas, perenne, de talo ergueito, follas pequenas simples e opostas, e flores amarelas dispostas en panículas terminais.

    9. Planta herbácea perenne, da familia das apocináceas, de talo entre ergueito e tumbado, follas ovadas, con base obtusa e opostas e flores dispostas en talos ergueitos, coa corola branquiazul en forma de tubo que se ensancha en cinco lóbulos.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación membranosa circular, pigmentada e contráctil, situada na capa anterior do ollo, detrás da córnea e inmediatamente diante do cristalino, cuxo centro está perforado pola pupila. Regular a cantidade de luz que entra dentro do ollo e exclúe os raios periféricos que afecten á nitidez da imaxe retiniana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Igualdade do diámetro das dúas pupilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua da familia esquimó que falan os esquimós de Alaska e Siberia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos macropódidos.

    2. Mamífero da familia dos macropódidos.

    3. Familia de marsupiais herbívoros, que presentan unha gran desproporción na lonxitude dos seus membros e a que pertencen os canguros e os ualabís.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos marsupiais.

    2. Mamífero da orde dos marsupiais.

    3. Orde de mamíferos que se caracterizan polo marsupio que teñen as femias. Salvo unha familia americana, están distribuídos en Australia e nas illas próximas.

    VER O DETALLE DO TERMO