"Set" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 288.

    1. Relativo ou pertencente a Bielorrusia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Bielorrusia.

    3. Lingua eslava setentrional que xunto co ruso se fala en Bielorrusia e nas zonas veciñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ento frío, acompañado de tempestades de neve, que se localiza en América Setentrional e na Antártida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recipiente de madeira destinado a gardar o viño cuxa capacidade media é de cinco moios, entre trescentos e setecentos litros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corpo de calquera material que posúe forma esférica.

    2. Xogo infantil no que se tenta introducir unhas pequenas bólas de vidro ou barro nuns pequenos buracos feitos no chan, facéndoas chocar coas do contrario para afastalo da proximidade do oco.

    3. Motivo ornamental que consiste nunha esfera colocada como remate.

    4. Conxunto de puntos x que cumpren que a distancia a un determinado punto fixo a, chamado centro, é menor ou igual que un número fixo r, chamado raio.

    5. Peza esférica, de gran dureza e resistencia ao desgaste que se emprega como elemento de rodamento.

    6. Masa de graxa situada en cada meixela, entre o maseter e o bucinador, moi desenvolvida nos nenos.

    7. Cogomelo de cor branca do xénero Agaricus.

    8. Conxunto formado por dous ou tres discos, de lona ou metálicos, cruzados perpendicularmente e usados nos barcos e nos semáforos para efectuar sinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bombicílidos.

    2. Ave da familia dos bombicílidos.

    3. Familia de aves da orde dos paseriformes que comprende especies terrestres de pequenas dimensións, de plumaxe sedosa e delicada e co bico curto e forte, que son propias dos bosques setentrionais de coníferas e bidueiros. OBS: Tamén se denomina gaio norteño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás bromeliáceas.

    2. Planta herbácea ou arbustiva da familia das bromeliáceas.

    3. Familia de plantas da orde das bromeliais, xeralmente epífitas, que presenta as follas ríxidas, fibrosas e dispostas en roseta, o froito en baga e as flores de tres pétalos libres coloreados. A maioría son propias das zonas tropicais de América.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos buriatos.

    2. Individuo do pobo mongol dos buriatos.

    3. Rama setentrional dos mongois que habitaba cerca do lago Baikal, na RA dos Buriatos, nos okrugi autónomos de Ust’-Ordynskij e Aga (Rusia) ao N da República de Mongolia (Selenge) e no extremo N da rexión autónoma da Mongolia Interior (O de Khajlar).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de cóengos dunha catedral ou dunha igrexa colexiada.

    2. Reunión de cóengos.

    3. Lugar no que se xuntan os cóengos.

    4. Corporación constituída polo alcalde e os concelleiros.

    5. Corporación local de cada unha das sete illas da Comunidad Autónoma de las Islas Canarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cámara ou espazo illado do resto dunha instalación, vehículo ou aparato.

    2. Local acondicionado para cambiarse de roupa.

    3. Cámara pequena destinada a dormitorio ou espazo habitable dunha embarcación.

    4. Parte habitable dun avión destinada á pasaxe.

    5. Caseta ou compartimento que ten no seu interior un teléfono público.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cetáceo da familia dos fisetéridos que se caracteriza por posuír un órgano de espermaceti situado nunha depresión da mandíbula superior que axuda a captar as mensaxes de sonar nas inmersións.

    2. Cachalote de ata 2,7 m de lonxitude, cunha aleta dorsal relativamente grande, propio de augas tropicais.

    3. Cachalote de ata 19 m de lonxitude, de cor gris e ventre con tons castaños, corpo percorrido lonxitudinalmente por enrugas, cabeza rectangular, aletas pectorais curtas e anchas, e mandíbula inferior estreita e moito máis curta ca a cabeza. Ten distribución cosmopolita en océanos e mares.

    VER O DETALLE DO TERMO