"Resol" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 202.

    1. Calidade do que se posúe entre varios.

    2. Reunión dos que viven en común.

      1. Grupo social caracterizado por un vínculo territorial e de convivencia ou por unha afinidade de intereses e de conviccións ideolóxicas, sociais, políticas ou relixiosas.

      2. Membros dunha igrexa particular que pertencen a unha orde determinada e viven nun convento.

      3. Unión, baixo un réxime administrativo común, dunha cidade ou vila coas poboacións situadas no seu termo.

      4. Entidade dotada de autonomía política na que se constitúen as nacionalidades e rexións de España para o exercicio do dereito de autogoberno que lles recoñece a Constitución de 1978.

      5. Grupo de investigadores e científicos de calquera disciplina ou especialidade ou dun determinado ámbito xeográfico.

      6. Propiedade ou dominio dunha cousa ou dereito, compartida entre diversas persoas.

      7. Forma de organización do patrimonio da sociedade conxugal, que se caracteriza por agrupar nunha masa común todos ou unha parte dos bens e propiedades dos cónxuxes de modo que as rendas se destinen a soportar os gastos do matrimonio.

      8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa de pouca resolución e de ánimo pouco decidido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constituírse en concello os veciños dun lugar para adoptar resolucións en temas que lles afectan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo bilateral entre a Santa Sé e un estado, que ten como finalidade a regulamentación das actividades eclesiásticas que se desenvolven no territorio estatal e a resolución dos conflitos que xurdan eventualmente entre a potestade eclesiástica e a civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de conspirar.

    2. Conxura ou complot contra o Estado, réxime político, personaxe político ou organismo de poder.

    3. Figura xurídica que consiste en que dúas ou máis persoas se concertan para a execución dun delito e resolven executalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de consultar.

    2. Local en que o médico examina os enfermos.

    3. Ditame sobre un determinado asunto do que se pediu opinión.

    4. Ditame que os consellos, tribunais ou outros corpos daban por escrito ao rei e que trataba asuntos que requirían a resolución deste ou propoñía individuos para un oficio ou cargo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de contar.

    2. Cálculo dunha cantidade mediante operacións matemáticas.

      1. Relación de cantidades que reflicten unha actividade mercantil ou doutro tipo na que hai ingresos e gastos.

      2. Conta aberta entre un banco e os seus clientes en que se reflicte a situación acredora ou debedora.

      3. Modalidade de depósito que se caracteriza pola liquidez inmediata e a rapidez das operacións.

      4. Modalidade de depósito que se caracteriza por permitir o seu descuberto no saldo.

    3. Cantidade que se debe ou que hai que cobrar.

    4. Asunto que incumbe a dúas ou máis persoas, especialmente cando está pendente de resolución.

    5. Explicación dalgunha cousa que se levou a cabo.

    6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao que pode ser discutido diante dun xuíz ou á forma en que se litiga. Tm s.

    2. Aplícase aos asuntos sometidos ás decisións dos tribunais en forma de litixio. Tm s.

    3. Proceso seguido contra os actos e as resolucións que poñen fin á vía administrativa, ditado polas administracións públicas no exercicio das súas actividades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Levar a alguén, con argumentos e razóns, a recoñecer algunha cousa como verdadeira, a adoptar unha opinión, unha resolución ou un comportamento.

    2. Adquirir a seguridade de que unha cousa é certa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aquilo que se acorda entre as partes de maneira formal, particularmente entre institucións.

      2. Texto no que se recollen as resolucións que se acordaron.

    1. Acordo de dúas ou máis vontades tendentes á creación dun vínculo xurídico.

    2. Negocio xurídico entre aquela persoa que vai presentar suspensión de pagamentos, ou que o fixo infrutuosamente, e os seus acredores, que foi aceptado por acordo maioritario dos acredores e aprobado polo xuíz.

    3. Acordo escrito entre os representantes dos traballadores e os dos empresarios, que ten como obxectivos a regulación das relacións entre eles, a fixación das condicións laborais ás que se deberán axustar os contratos individuais de traballo e a determinación das condicións de traballo nun ámbito determinado.

    4. Acordo celebrado entre o goberno do Estado e os órganos de goberno das comunidades autónomas, ou entre estas entre si no ámbito das súas respectivas competencias.

    5. Acordo escrito entre o Estado e unha comunidade autónoma cando esta goza de autonomía para manter, establecer e regular o seu réxime tributario.

    6. Acordo de vontades celebrado entre suxeitos de dereito internacional e destinado á produción de efectos conformes ás normas xurídicas internacionais.

    VER O DETALLE DO TERMO