"Ancos" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 166.

  • Borato de sodio e calcio hidratado que se presenta en agregados de cristais triclínicos, brancos e nodulosos, e ten propiedades ópticas para a fabricación de fibras ópticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que é de cor igual ou aproximada á do leite ou da neve. Tm s m.

      2. Aplícase á cor que resulta da combinación de todas as radiacións correspondentes ao espectro visible da luz solar.

      3. Aplícase á cor que adquiren certos metais en estado candente, xa pasada a fase de cor vermella ao superar unha temperatura de 1.300°C.

    1. Que é de cor clara, por contraste con outras máis escuras do mesmo tipo.

    2. Que mantén unha postura política conservadora ou reaccionaria. Tm s.

      1. Aplícase aos elementos tipográficos máis baixos ca os caracteres de imprenta que teñen como finalidade separar os caracteres.

      2. Marxe situada arredor da páxina dun libro.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fluorocarbonato de calcio que cristaliza no sistema rómbico, formando agregados radiais incoloros ou lixeiramente brancos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cogomelo da especie Amanita muscaria, que ten a superficie do sombreiro vermella con pequenas escamas brancas e o pé, o anel e a volva tamén brancos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidróxido de magnesio que se presenta en cristais tabulares romboédricos, incoloros ou brancos, de brillo vítreo ou nacarado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico de certos viños da comarco do Bierzo (León), brancos ou claretes, bastante alcohólicos, apreciados como viños de mesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anaco grande de pan.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento metálico pertencente á familia dos alcalinotérreos, situado no grupo II A da táboa periódica, de número atómico 20 e peso atómico 40,08. É o quinto dos elementos máis abundantes na codia terrestre, e está presente en todos os organismos.

    2. Sal cálcico de ácido bromhídrico que ten acción sedante sobre o sistema nervioso.

    3. Sólido incoloro que está presente en estado natural en dúas variedades cristalinas, a argonita e a calcita. Emprégase na fabricación de cemento e cal vivo, e na industria química e farmaceútica.

    4. Sólido incoloro e cristalino que se combina formando numerosos hidratos.

    5. Sal derivado do ácido fosfórico, que se emprega como fertilizante e como suplemento mineral en penso.

    6. Sal de calcio, que se emprega principalmente no branqueo téxtil e de papel.

    7. Sólido cristalino incoloro que como produto industrial aparece en forma de pos brancos coñecidos xeralmente como cal morto.

    8. Sólido de cor branca empregado na industria para desecar os aceites de condensadores e transformadores.

    9. Sólido incoloro que xeralmente se obtén en combinación co cloruro, no produto chamado cloruro de cal, pos de branqueo ou pos de gas.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á Campania.

      2. Natural ou habitante de Campania.

      1. Relativo ou pertencente ao Campaniano.

      2. Quinto e último nivel do Cretáceo Superior, situado entre o Santoniano e o Maastrichtiano. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    1. Cerámica romana de época republicana de textura lisa e verniz negro que utiliza como decoración os círculos de palmatorias estampadas e rodeadas dunha faixa de estrías ou de círculos brancos acompañados de flores estilizadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea perenne, do xénero Primula, que presenta pelos glandulares, follas ovadas na base, flores con cáliz tubular e pétalos amarelos ou brancos, e froito en cápsula.

    2. Centola macho.

    VER O DETALLE DO TERMO