"PCI" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 560.

    1. Actitude da persoa que amosa unha concepción propia humilde.

    2. Escaseza de recursos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de conversión dun cadáver en momia, que consiste na extracción de vísceras, deshidratación, unción, reenchido con natrón seco e colocación de vendas. Foi unha práctica usual entre as culturas antigas, especialmente na exipcia, e a súa finalidade era deter a corrupción do corpo, sede da ánima, que o necesitaba para existir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diversas herexías cristiás (ss II-III) que sostiñan a unidade de Deus, en detrimento das tres persoas da Trindade. Está dividido en dous subgrupos: o modalismo e o adopcionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á estrutura xeolóxica en que as capas teñen a mesma inclinación e dirección.

    2. flexión.

    3. Forma topográfica asimétrica composta por unha fronte escarpada, formada pola interrupción dunha capa resistente e un plano inclinado, que corresponde ao dorso da capa dura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Erupción cutánea que se caracteriza pola aparición de marcas, únicas ou múltiples, brancas, nacaradas, elevadas e redondas, rodeadas dun anel de cor morado. É unha forma de esclerodermia circunscrita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Moscoviano.

    2. Serie e época do Carbonífero mariño ruso, situado sobre o Bashkiriano e baixo o Kasimoviano. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Musteriano.

    2. Tecnocomplexo do Paleolítico Medio que tomou o seu nome do xacemento Le Moustier (Francia). Desenvolveuse desde o ano 100.000 ao 40.000 a C en Europa e en Asia Occidental. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea, da familia das brasiáceas, anual ou bienal, que presenta raíces carnosas, follas basais liradas e glaucas, flores amarelas en inflorescencias en acio e froitos en silicua provistos dun pico.

    2. Raíz do nabo.

    3. Órgano sexual masculino.

    4. brionia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Nachikufiano.

    2. Grupo cultural do Mesolítico de África Meridional que foi descuberto na cova da Nachikufú. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de nacionalizar ou de nacionalizarse.

    2. Adopción da condición legal de membro ou cidadán dun estado concreto.

      1. Apropiación dos medios de produción ou do capital estranxeiro por parte do estado onde radican estes bens ou por parte dos membros deste mesmo estado.

      2. Conversión dun medio de produción en propiedade da comunidade social nos seus diversos graos (municipal, rexional ou estatal).

      3. Proceso de estatalización, mediante expropiación e coa indemnización correspondente, que adoita afectar nos estados occidentais só a ramas illadas da produción.

    VER O DETALLE DO TERMO