"Alca" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 478.

    1.             AO 2 + A D 2AO

    2. Oxidación dunha substancia, xeralmente un líquido, a temperatura normal, polo osíxeno do aire. Unha reacción de autooxidación prodúcese en dúas fases:
      O2+A→AO2 (formación de peróxido)
      AO2+A→2AO
      A primeira fase é lenta e controla o sistema de oxidación. Este proceso emprégase no secado de pinturas.

    3. Acción ou efecto de oxidar ou oxidarse.

    4. Proceso polo que un elemento aumenta o seu número de oxidación ao perder algún electrón.

    5. Formación de ferruxe na superficie do ferro ou doutro metal, pola acción do aire húmido ou por corrosión.

    6. Número que representa o número de electróns que cómpre engadir ou quitar a un átomo que forma parte dunha combinación para volvelo ao seu estado elemental.

    7. Oxidación que se produce no ánodo durante os procesos de electrólise.

    8. Combinación dos aglutinantes bituminosos co osíxeno atmosférico, que provoca o endurecemento do betume ou do alcatrán, a diminución da súa penetración e normalmente o aumento da súa fraxilidade.

    9. Formación de óxidos ou doutros compostos sobre a superficie dos metais por reacción con gases secos a altas temperaturas. OBS: A grafía representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arco rematado en punta en que os lados son dous arcos de círculo cóncavos e simétricos que se unen formando un ángulo curvilíneo.

      1. Forma xeométrica de control que ten o contorno formado por dous arcos que se unen no seu extremo e que lle serve, a certos aparatos, para reducir a resistencia aerodinámica do móbil e evitar o seu quecemento excesivo.

      2. Proa dalgunhas aeronaves que ten forma oxival.

      3. Parte dianteira dun proxectil.

      4. Parte frontal dun foguete de sondaxe ou de exploración espacial que contén, eventualmente, a carga útil e que a protexe durante o seu desprazamento pola atmosfera.

      5. Gráfico dunha distribución de probabilidade loxística, que corresponde a fenómenos que crecen proporcionalmente ao valor obtido pero cun límite finito non alcanzable.

      6. cabeza nuclear.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ista dun lugar natural que se alcanza coa vista.

      1. Porción de espazo que se caracteriza por unha combinación dinámica de elementos abióticos, bióticos e antrópicos.

      2. Estrutura da vexetación dunha unidade xeográfica, estudada pola fitotopografía.

    2. Pintura, debuxo ou gravado que representa un lugar natural ou urbano como tema principal ou ben como fondo ou ambientación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produto que contén, en forma de clorhidratos, todos os alcaloides do opio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide altamente tóxico extraído do opio que se emprega en medicina como antiespasmódico musculotrópico e como vasodilatador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. alcano.

    2. Sólido translúcido branco con consistencia cerosa, constituído principalmente por unha mestura de hidrocarburos saturados, que se emprega na manufactura de ceras, papel parafinado, mistos, discos fonográficos e diversas ceras protectoras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. calmante.

    2. Tintura de opio benzoica, preparada a base de extracto de opio, ácido benzoico, alcanfor, esencia de anís e alcohol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Toxina que alcanza un papel causal importante no transcurso da fitopatoxénese, que é producida polo patóxeno ou pola planta, como consecuencia da relación hóspede-patóxeno e responsable da síndrome da enfermidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade local menor onde ten xurisdición o alcalde pedáneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ertebrado do grupo dos peixes.

    2. Grupo de cordados, do subtipo dos vertebrados, integrado por animais de sangue frío, respiración primariamente branquial e hábitat acuático. Son animais mandibulados desde o punto de vista da anatomía externa, e caracterízanse pola súa forma de fuso, polo seu recubrimento de escamas (osteíctios) ou dentículos dérmicos (condrictios) e pola presenza dunha serie de aletas.

    3. Peixe condrictio, da familia dos escuatínidos, de cor parda no dorso e abrancazada no ventre, que presenta ollos na parte superior, aletas peitorais, que son carnosas, altas e anchas, e carece de aleta anal.

    4. Peixe condrictio, da familia dos cetorrínidos, que ten 200 fileiras de dentes en cada maxilar e enormes fendeduras branquiais, e que se alimenta por filtración.

    5. Peixe, da familia dos trichiúridos, que presenta o corpo en forma de cinto, aleta dorsal ondulada, de cor prateada e cola pequena.

    6. Peixe, da familia dos xífidos, que se caracteriza pola prolongación do maxilar e do premaxilar da mandíbula superior en forma de espada que pode alcanzar o terzo da lonxitude total do corpo, mentres que a mandíbula inferior é moito máis curta. De costumes peláxicos, só se achega á costa no verán para desovar.

    7. Peixe do xénero Rhinobates, que ten o corpo alongado, cos extremos das aletas peitorais superpostos coas aletas ventrais e a cabeza máis plana e ancha.

    8. Peixe de pequeno tamaño, da familia dos gobiesócidos, que presenta unha mandíbula con dous ou tres cabeiros ben desenvolvidos e unhas aletas pélvicas con forma de ventosa.

    9. Peixe de gran tamaño, da familia dos mólidos, que presenta forma arredondada, boca pequena con dous dentes picudos, as aletas dorsal e anal moi altas que se xuntan coa caudal, e carecen de vexiga natatoria.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO