"Tegra" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 344.

    1. Relativo ou pertencente ás teáceas.

    2. Planta da familia das teáceas.

    3. Familia de plantas, da orde das teais, integrada por plantas leñosas que presentan follas simples alternas, flores actinomorfas, hermafroditas e pentámeras, solitarias ou en cimas, e froitos en cápsula loculicida ou en baga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de tensar.

    2. Estado mental de inquietude motivado pola presenza de estímulos de intensidade moi alta.

    3. Desacordo nas relacións entre persoas ou grupos.

      1. Presión que exerce un líquido ou un gas dentro do corpo.

      2. Resistencia que ofrecen as paredes dun continente á presión dun líquido ou dun gas que contén.

    4. Calidade das articulacións tónicas que distingue o momento articulatorio culminante nunha palabra, nunha sílaba ou nun fonema.

      1. Estado do corpo que experimenta as forzas que o manteñen tenso ou lle impiden contraerse.

      2. Resultado das forzas elásticas que, na masa dun corpo, equilibran os esforzos externos que tenden a alongalo.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto ordenado de ideas, independentes da realidade práctica, que tratan de explicar un fenómeno.

    2. Conxunto de coñecementos completo e sistemático sobre unha materia, arte ou ciencia.

    3. Teoría segundo a que todos os elementos químicos están constituídos por átomos, que permanecen indivisibles durante as reaccións químicas, e que teñen unha serie de propiedades, como a masa atómica, que é característica de cada elemento. Se dous ou máis elementos se combinan, o composto resultante está formado por átomos dos elementos reaccionantes, onde a molécula é a cantidade mínima dun composto, que ten que estar constituída, como mínimo, por un átomo de cada un dos elementos que a orixinan.

    4. Teoría segundo a que todo o efecto da supercondutividade resulta dunha pequena forza de atracción entre unha parella de electróns con enerxías case iguais (parellas de Cooper). Os electróns libres repélense mutuamente, pero a repulsión está reducida considerablamente por mor do apantallamento dos outros electróns.

    5. Teoría que explica as propiedades das solucións acuosas de electrólitos fortes, admitindo que están completamente disociados en ións e que as desviacións observadas respecto ao comportamento previsto pola ecuación de Arrhenius proveñen das súas interaccións electrostáticas.

    6. Teoría segundo a que o dilema que presentaba a existencia de solucións correspondentes a estados de enerxía negativos, carentes de significación física, pode resolverse postulando que o oco está ocupado por positróns.

    7. Teoría que considera a superficie da Terra como un sistema integrado, en que os organismos vivos e os factores xeolóxicos e climáticos están interrelacionados e se inflúen mutuamente. OBS: Tamén se denomina hipótese de Gaia.

    8. Teoría segundo a que cando un metal ou calquera substancia se disocia en ións ou se somerxe nun disolvente se crea unha diferenza de potencial entre o disolvente e a parte de metal ou substancia que aínda non se disolveu.

    9. Teoría, enunciada co fin de atopar unha formulación que satisfixese a experiencia na radiación dun corpo negro, segundo a que calquera sistema físico en que a coordenada que o caracteriza efectúe oscilacións harmónicas simples, soamente pode ter unha enerxía total E que satisfaga a relación E=nhv, onde n é un enteiro (dito número cuántico), h a constante de Planck e v a frecuencia de oscilación.

    10. Teoría da física dos reactores nucleares, segundo a que o intervalo de enerxía en que evolucionan os neutróns se descompón nun determinado número de bandas de características definidas, o que simplifica o estudo do fluxo neutrónico.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de transcribir.

      1. Proceso polo que a información dunha fibra de ADN é copiada nunha fibra de ARN mensaxeiro.

      2. Síntese do ADN a partir do ARN coa axuda do encima ADN polimerase ARN dependente e un activador metálico.

    2. Copia íntegra de documentos do rexistro da propiedade de escrituras notariais que conteñen modificacións ou extincións do dereito de propiedade.

    3. Correspondencia das unidades gráficas coas diferentes unidades fonéticas que existen no ámbito lingüístico.

    4. Adaptación dunha obra musical completa ou en parte para instrumentos ou voces diferentes daqueles para os que foi escrita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos tríglidos.

    2. Peixe da familia dos tríglidos.

    3. Familia de peixes da subclase dos actinopterixios integrada por especies coa cabeza protexida por unha coiraza ósea con aguillóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desintegrador que deixa o produto final cun tamaño de 0,1 a 5 cm.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar onde se xuntan tres camiños.

    2. Conxunto das tres artes liberais, integrado pola gramática, dialéctica e retórica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás ulotricais.

    2. Alga da orde das ulotricais.

    3. Orde de clorofíceas integrada por algas de talos filamentosos, con células uninucleadas e cun cloroplasto parietal.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Institución docente integrada por diferentes centros, onde se imparten os estudos superiores.

      2. Edificio onde se imparten os estudos universitarios.

    1. Corporación da Baixa Idade Media, especialmente veciñal e profesional, dotada de organización e réxime xurídico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado ou condición de vasalo.

    2. Estado de submisión ou sometemento.

    3. Tributo pagado polo vasalo.

    4. Elemento integrante do vínculo feudal constituído por unha relación pactada entre dúas persoas de condición nobre.

    VER O DETALLE DO TERMO