"Rod" (En toda a entrada)
Amosando 10 resultados de 4159.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que evita o desenvolvemento dos fungos, destruíndoos ou detendo o seu crecemento e reprodución.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura literaria que consiste na alteración da orde das palabras para producir un cambio de significado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Defecto da visión que se produce cando un ollo é normal ou emétrope, e outro anormal ou amétrope, ou ben cando un ollo é miope e o outro hipermétrope.
-
-
Elemento fundamentalmente metálico, pertencente ao grupo V da táboa periódica. O seu número atómico é 51, e o seu peso atómico 121,75. A única forma estable é a metálica,denominada tamén antimonio gris. Os compostos de antimonio, ademais da súa utilización terapéutica, úsanse como mordente na industria téxtil e en curtidos.
-
Electrodo para as medidas de pH de non demasiada precisión, que se emprega para potenciometrías en solventes non acuosos.
-
Compostos que se empregan como catalizadores de substancias orgánicas.
-
Líquido utilizado na cloración de compostos orgánicos.
-
Pos alaranxados que se empregan principalmente na vulcanización e coloración do caucho.
-
Cristais delicuescentes que se empregan como catalizadores, reactivos cualíticos ou para broncear o ferro.
-
Composto que forma a valentinita, que se emprega na industria do caucho e do plástico para obter compostos non inflamables.
-
Composto que forma a estibina, empregado en pirotecnia e como acelerador de vulcanización do neopreno.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina partidaria da restrición da natalidade ao considerar que o exceso de reprodución é o responsable da miseria e da fame. A máis notable destas doutrinas é o maltusianismo.
-
-
Que evita ou combate a oxidación.
-
Calquera composto que, engadido a unha substancia autooxidable, retarda ou inhibe a súa oxidación, producida polo osíxeno molecular da atmosfera.
-
Calquera substancia dotada de propiedades antioxidantes presente en produtos orgánicos naturais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Creación literaria que se produce á marxe dos recursos tradicionais, en reacción contra a linguaxe poética herdada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que combate as infeccións producidas por protozoos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Práctica terapéutica que combate e prevé as infeccións por destrución ou inhibición dos microorganismos que as producen.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Punto do ceo oposto ao Sol que é o centro dalgúns arcos luminosos que se producen ao ser iluminadas as pingas de auga en suspensión na atmosfera polos raios solares.