"NOT" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 680.

  • Clixé obtido por galvanotipia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Efecto sonoro producido nun instrumento musical que consiste nunha sucesión sonora moi rápida dunha serie de notas contiguas dunha escala, que se obtén por procedementos mecánicos, deixando esvarar o dedo polo teclado ou polas cordas do instrumento.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Palabra escura ou difícil dun texto, que require explicación.

      2. Comentario que se fai dun texto determinado, independentemente da súa extensión.

      3. Explicación dunha palabra, frase ou texto que é difícil de comprender.

      4. Anotacións en latín, romance e eúscaro que constitúen a primeira manifestación escrita dunha lingua romance peninsular, ademais das primeiras frases escritas en eúscaro. Están recollidas nos mosteiros de san Millán de la Cogolla.

      5. Anotacións aclaratorias do Homiliario de Silos, texto latino de finais do s XI. Xunto ás glosas emilianenses, constitúe unha das primeiras manifestacións escritas dunha lingua romance peninsular. Recollidas no mosteiro de Santo Domingo de Silos, consérvanse no British Museum de Londres.

    1. Comentario ou explicación que aclara algo.

    2. Comentario dun texto xurídico que se fai para aclarar ou interpretar o mesmo. Apareceron nos ss XII-XV e acadaron o seu momento de maior esplendor coa escola de glosadores de Boloña.

    3. Composición poética, amplificación dunha estrofa, na que cada unha acaba cun verso ou versos daquela estrofa.

    4. Parte do aparato bucal dos insectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao animal que se cría en condicións de laboratorio sen microorganismos, ou que soamente contén os microorganismos que se lle introducen experimentalmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe actinoteripxio perciforme, da familia dos góbidos, de corpo longo, pequeno tamaño, pero cabeza e boca grandes.

    2. Peixe, da familia dos ciprínidos, coa mandíbula inferior provista de dúas barbas e de cor gris amarela e manchas negras. Aliméntase de vermes, larvas e pequenos moluscos. Viven nas correntes, en augas limpas e frescas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tanto que anota un equipo deportivo (de fútbol, balonmán, hóckey) cando na disputa dun partido o móbil de referencia (balón, bóla ou disco) traspasa un segmento delimitado da liña de meta (portaría) defendida polo equipo contrario.

    2. Segmento de recta que delimita un terreo de xogo de determinadas modalidades deportivas por cada un dos seus fondos. No centro dela sitúase a meta ou portaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feito de anotar un equipo moitos goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saco de natureza quitinosa en que se localizan as xemas reprodutoras das colonias de pólipos hidroideos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Castración natural producida por un parasito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   Adorno musical que consiste en executar notas máis rápidas ao redor dunha do discurso melódico. Modernamente indícase co signo T.

    VER O DETALLE DO TERMO