"xilo" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 104.

      1. Árbore do xénero Castanea, da familia das fagáceas, que se caracteriza por producir as castañas.

      2. Árbore caducifolia de follas grandes, lanceoladas, fortemente dentadas, glabras, lustrosas e coriáceas. Os seus froitos reúnense dentro dun ourizo coriáceo e espiñento. Vive en terreos profundos, ricos en materia orgánica e pouco arxilosos.

      3. Árbore caducifolia, da familia das hipocatanáceas, de follas compostas con froitos que abren en tres valvas.

    1. Extracto acuoso da madeira e da cortiza do castiñeiro, que se emprega para o adobe de peles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos fosfoglicéridos en que os dous hidroxilos libres do ácido glicerofosfórico se esterificaron cos ácidos graxos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto orgánico que contén un grupo ciano e un grupo hidroxilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha metamórfica de gran fino e microestrutura granoblástica, orixinada por metamorfismo de contacto entre rochas sedimentarias arxilosas ou areosas e ígneas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha metamórfica de contacto formada a partir de rochas arxilosas non carbonatadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á bacteria que produce pigmentos que lles dan cor ás súas colonias. Tm s.

    2. Que se pode transformar nun colorante por introdución na súa molécula dun grupo cromofórico e, posteriormente, dun auxocrómico. Tm s m, referido a substancia.

    3. Que contén un ou varios grupos cromofóricos e que se pode converter nun colorante pola adición de radicais, como o hidroxilo (-OH) ou o amidóxeno (-NH 2 ). Tm s m, referido a substancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xilografía de cor que precisa de pranchas diferentes para obter as distintas cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao composto que contén dous grupos carboxilo na molécula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto aromático que ten dous grupos hidroxilo en átomos de carbono do núcleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcohol que contén dous grupos hidroxilo.

    VER O DETALLE DO TERMO