"través" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 410.

    1. Acción e resultado de ascender.

    2. Subida corporal de Cristo ao ceo desde o monte dos Olivos corenta días despois da Resurrección. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    3. Ascensión da auga profunda dun solo, que se produce en virtude das forzas físicas de capilaridade, a través dos poros finos do solo.

    4. Arco de ecuador celeste que comeza no primeiro punto de Aries e que vai ata o círculo horario do astro contrario ás agullas do reloxo, para un observador situado no hemisferio norte.

    5. Medida de tempo baseada no movemento da Terra respecto ás estrelas. OBS: Tamén se denomina hora sideral.

    6. Círculo horario definido no sistema de coordenadas ecuatoriais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Introducir nos pulmóns, a través da boca ou do nariz, o aire exterior ou calquera substancia que vai disolta nel.

    2. Pronunciar un son cun ruído gutural debido á expulsión do aire a través da glote aberta.

    3. Desprazar un fluído mediante a depresión creada por unha bomba, un ventilador, unha turbina ou un motor alternativo, para obter un caudal contínuo deste fluído.

    4. Poñer alguén os medios para a obtención dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método para separar os compoñentes dunha mestura gasosa, baseado nas súas diferentes velocidades de difusión a través dunha membrana porosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. atravesar.

    2. Que ten mal carácter ou tendencia a facer mal.

    3. Que gusta de enredar e facer trasnadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer algo de través, oblicuamente ou na metade dun camiño ou conduto, obstaculizando o paso.Tm v pron.

    2. Pasar dun lado ao oposto dunha cousa.

    3. Pasar ou facer que pase unha cousa por un corpo penetrando nel.

    4. Pasar circunstancialmente por unha determinada situación, favorable ou desfavorable.

    5. Ir alguén a través dun lugar, dun lado ao outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade ou maneira de ser considerada como propia de alguén ou dalgunha cousa.

    2. Obxecto característico que acompaña normalmente á descrición ou á representación de certos personaxes ou de certas ideas personificadas.

    3. Unidade lingüística que expresa unha calidade ou estado do substantivo ao que se une a través dun verbo copulativo como ser ou estar.

      1. Calidade ou carácter da substancia na que, sen pertencer á esencia do suxeito, se fundamenta.

      2. Cousa que se afirma ou nega dun suxeito; neste sentido, confúndese co predicado.

    4. Cada unha das perfeccións esenciais de Deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comunicación con intercambio de voz realizada a través dunha rede informática ou telemática como a Internet.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de aumentar.

      1. Número dado pola relación entre a medida da imaxe e a do obxecto nos instrumentos ópticos que dan imaxe real.

      2. Relación entre o ángulo baixo o que se ve un obxecto a través dun instrumento e o ángulo baixo o que é visto, se se observa sen el.

      3. Nos instrumentos compostos de obxectivo e de ocular, a relación entre o diámetro da imaxe virtual obtida polo ocular e o diámetro do obxecto.

    2. Procedemento de imitación que consiste en alongar proporcionalmente a duración das notas do tema modelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Contorno luminoso ou dourado que rodea a cabeza das imaxes esculpidas ou pintadas, especialmente as da iconografía cristiá.

      1. Coroa que rodea a Lúa nos eclipses solares.

      2. Anel luminoso de cor branca azulada e difusa, que aparece ás veces arredor do Sol, da Lúa ou doutros astros. 

    2. Luz azulada que aparece arredor das lámpadas cando o aire dunha mina contén grisú.

    3. Círculo luminoso que envolve un obxecto.

    4. Opinión favorable que se ten dunha persoa polos seus méritos ou virtudes.

    5. Fenómeno óptico en forma de contorno anular, de luminosidade e de coloración difusas, que aparece ás veces envolvendo os obxectos que se observan a través dun sistema óptico.

    6. Zona de contacto, tamén chamada auréola metamórfica, entre unha masa intrusiva e as rochas que a encaixan.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Levar a alguén ou algunha cousa a un lugar que está máis baixo.

    2. Ir dun punto a outro situado nun nivel máis baixo.

    3. Facer que algunha cousa vaia de máis a menos.

    4. Estender un anaco de tecido para facer máis longa algunha peza de roupa.

    5. Copiar directamente nun ordenador un programa ou documento, conseguíndoo a través dunha rede como a Internet, do mesmo xeito que se se copiase desde un CD-ROM ou un disquete.

    6. Saír do interior dun vehículo ou deixar de estar sentado nel.

    7. Ir facéndose algunha cousa máis pequena ou máis escasa.

    VER O DETALLE DO TERMO