"glico" (En toda a entrada)
Amosando 10 resultados de 106.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade hereditaria que se caracteriza por unha falta conxénita do encima glicosa-6-fosfato-deshidroxenase que provoca episodios de anemia hemolítica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Amidón que se localiza en forma de gránulos nas células vexetais dos tubérculos, dos rizomas e doutras raíces que se emprega na fabricación de produtos alimentarios e na obtención de glicosa e alcohol etílico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao ácido que funciona na degradación anaeróbica da glicosa. É un éster fosfórico da forma enólica do ácido pirúvico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Encima do grupo das transferases que cataliza reversiblemente a escisión fosforolítica dos enlaces α(1,4) glicosídicos dos disacáridos ou dos polisacáridos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Glícido que na súa forma dextroxira é un compoñente da lactosa, dos glicolípidos e dalgúns oligosacáridos e polisacáridos, que se atopan en pectinas, gomas e mucilaxes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Glicolípido no que a fracción glicídica é un oligosacárido complexo. A súa función ten relación coa transmisión nerviosa na sinapse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
-
Célula ou conxunto de células illadas ou agrupadas nun órgano determinado con función secretora, endócrina ou interna e exócrina ou externa, de substancias de tipo hormonal ou encimático.
-
Glándula que segrega en gran cantidade substancias propias da célula.
-
Glándula do aparato xenital feminino, que desemboca en cada costado do orificio vaxinal dalgúns mamíferos, e que segrega un líquido mucoso, destinado a lubrificar o aparato xenital no momento do coito.
-
Glándula situada no duodeno e disposta en dúas capas separadas pola muscularis mucosae que intervén na formación do zume intestinal.
-
Glándula situada baixo a próstata, que segrega un produto alcalino, viscoso e mucoso que lubrifica a uretra e contrarresta o seu pH ácido. OBS: Tamén se denomina glándulas bulbouretrais.
-
Glándula tubulosa simple situada na derme da mucosa do tubo dixestivo, desde o píloro ata o intestino groso.
-
Folículo sebáceo localizado entre a cartilaxe tarsal e a conxuntiva palpebral, que produce unha secreción especial que, ao secar, forma as lagañas.
-
Glándula mucosa situada ao redor do orificio do colo uterino.
-
Glándula situada na parte final da uretra feminina.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hormona polipeptídica que segregan as células A dos illotes de Langerhans do páncreas e que aumenta a concentración de glicosa no sangue mediante o estímulo da actividade fosforilasa do fígado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Polisacárido que se forma pola unión de diversos monosacáridos mediante enlaces glicosídicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presenza de glicosa no sangue.