"Vic" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 310.

  • Persoa que se dedica á avicultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica para a cría de aves, particularmente de curral, coa finalidade de obter ovos, carne e plumas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que perda a súa transparencia a auga ou calquera outro líquido.

    2. Encherse un líquido de lodo ou doutras partículas suspendidas que fan que perda transparencia.

    3. Poñerse o tempo metereolóxico inestable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Segunda vértebra do pescozo que serve de eixe arredor do que xira a primeira vértebra cervical, o atlas.

    2. Conxunto formado pola penúltima sílaba métrica, a última acentuada, de cada un dos versos dunha estrofa. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non ten contido, interese ou fundamento.

    2. Que non ten xente.

    3. Que non ten o seu espazo ocupado.

    4. Sentimento experimentado pola ausencia dunha persoa ou cousa.

    5. Lugar de gran profundidade ou visto desde unha considerable altura onde non se rexistran corpos sólidos.

    6. Cada unha das aberturas (portais, xanelas, espazos entre columnas) situadas nun entrepano de parede ou noutra construción.

    7. Espazo desprovisto de materia.

    8. Concepto límite, segundo a física clásica, dun espazo desprovisto totalmente de materia, en que se propagan os campos.

    9. Rexión do espazo en que a presión atmosférica foi reducida para evitar a influencia da atmosfera sobre os procesos que se levan a cabo no interior do espazo pechado.

    10. Conxunto que non contén ningún elemento.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos balénidos.

    2. Mamífero da familia dos balénidos.

    3. Familia de mamíferos cetáceos da suborde dos misticetos que comprende diversas especies de baleas que posúen barbas longas e flexibles e as primeiras vértebras cervicais fusionadas. Carecen de aleta dorsal e de pregaduras baixo o pescozo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos balenoptéridos.

    2. Mamífero da familia dos balenoptéridos.

    3. Familia de mamíferos cetáceos da suborde dos misticetos que comprende diversas especies do xénero Balaenoptera, denominadas máis propiamente rorcuais. Teñen as barbas máis curtas e ríxidas ca as dos balénidos, e as primeiras vértebras cervicais libres. Baixo o pescozo e o peito teñen unhas grandes pregaduras lonxitudinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten o talo curto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conduto fibrocartilaxinoso que forma parte do aparato respiratorio dos vertebrados aéreos e que conduce o aire da traquea aos pulmóns, e viceversa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desfile cerimonioso a cabalo, característico dalgunhas festividades cívicas ou relixiosas.

    VER O DETALLE DO TERMO