"Marin" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 81.

  • Barco de guerra que está destinado a combater submarinos, dotado de cargas de profundidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea, da familia das liliáceas, que presenta un bulbo grande, de forma ovoide, redondo ou deprimido segundo as variedades. Cando se corta o bulbo desprende un aceite volátil sulfurado que provoca a produción de lágrimas por irritación da conxuntiva.

    2. Bulbo comestible da planta do mesmo nome.

    3. Planta medicinal da horta que serve de antídoto contra o veleno e que rebenta tumores.

    4. Planta herbácea, da familia das liliáceas, que presenta un bulbo de gran tamaño.

    5. Herba perenne, da familia das liliáceas que no exterior presenta unha cuberta vermella.

    6. Cebola pequena que aínda non chegou ao pleno desenvolvemento.

    7. Cebola cos bulbos moi pequenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Substancia aromática extraída das sementes do cumarú, de olor semellante ao da vainilla, que se emprega como perfume e axente oloroso.

      2. Cada un dos derivados estruturais da cumarina.

    1. Substancia anticoagulante derivada do dicumarol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore, da familia das fabáceas, da que se extrae madeira, coas flores vermellas e co froito en legume de onde se extrae a cumarina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Operación que consiste en escavar e limpar de materiais os fondos subacuáticos.

    2. Operación militar que ten como finalidade a retirada ou destrución de minas submarinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide extraído do talo da dulcamara que se emprega como midriático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Práctica do submarinismo con escafandro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento artístico, literario e musical de vangarda, dado a coñecer co Manifeste du futurisme (1909) redactado polo poeta Filippo Tommaso Marinetti, que postulaba o rexeitamento da tradición e da conservación do pasado e unha exaltación das innovacións, sobre todo mecánicas, presentes e futuras.

    2. Actitude vital orientada cara ao futuro.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ave, da familia dos fasiánidos, que se caracteriza por ter unha cabeza  pequena, bico robusto e curto, unha crista carnosa e ás pequenas. A cor da plumaxe varía entre o branco, gris, amarelo, azul, vermello, castaño e negro. Críanse como animal doméstico para aproveitar a súa carne e os seus ovos, e son a especie animal que achega máis proteínas na dieta humana.

      2. Paxaro, da familia dos numídidos, da orde dos galiformes. Presenta a cabeza e o pescozo sen plumas. As plumas do corpo son de cor negra con manchas brancas.

      3. Galiña doméstica galega en perigo de extinción. Presenta formas arredondadas, peito amplo e grande abundancia de masa muscular en todo o corpo. Utilízase na produción dos afamados capóns de Vilalba.

      4. Ave acuática da familia dos rálidos, escura, coa parte inferior da cola branca, peteiro vermello coa punta amarela, patas e dedos longos e verdosos. No seu desprazamento na auga chama a atención o abaneo de cola e cabeza.

    1. Persoa que ten unha actitude covarde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relevo submarino de forma troncocónica e orixe volcánica, coa parte superior aplanada e a bastante profundidade.

    VER O DETALLE DO TERMO