"Aios" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 190.

      1. Que condensa.

      2. Relativo ou pertencente á condensación.

    1. Dispositivo formado por dúas armaduras separadas por un dieléctrico, que se caracteriza por posuír unha capacidade determinada.

    2. Sistema óptico converxente que concentra sobre o obxecto os raios luminosos que proceden da fonte luminosa co fin de iluminalo uniforme e suficientemente.

    3. Aparato que se utiliza para condensar un vapor.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de converxer.

      2. Lugar ou punto no que converxen dúas cousas.

    1. Calidade de converxente.

    2. Inversa da distancia focal dun sistema óptico que se mide en dioptrías. OBS: Tamén se denomina potencia.

    3. Calidade dun feixe de raios que xorden ou se cruzan nun punto determinado.

    4. Fenómeno polo que dúas linguas de sistemas non emparentados xenealoxicamente chegan a posuír estruturas semellantes.

    5. Acumulación de aire nun sector da atmosfera como consecuencia de movementos horizontais.

    6. Dispositivo das rodas dianteiras dun automóbil, converxentes no sentido da marcha.

    7. Proceso de achegamento das economías dos estados membros da Unión Europea para conseguir a súa integración e constituír a unión económica e monetaria de Europa.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • aso en forma cónica truncada, feito de cinza de ósos calcinados, que se emprega para realizar ensaios e purificar os minerais de ouro e prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos corácidos.

    2. Ave da familia dos corácidos.

    3. Familia de aves da orde dos coraciformes á que pertencen os gaios azuis.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ornamento en forma de círculo que se axusta á cabeza como sinal de autoridade ou como recompensa dunha vitoria, militar ou cívica.

      1. Círculo de metal adornado de diferentes elementos que se cingue á cabeza como símbolo de dignidade soberana ou nobiliaria.

      2. Coroa romana que se entregaba a quen entraba no campo inimigo.

      3. Coroa de pólas de aciñeira coa que se recompensaba o cidadán romano que salvaba a vida doutro na guerra.

      4. Coroa que, por escarnio, os soldados romanos cinguiron a Xesús como rei dos xudeus.

      5. Coroa que se concedía aos vencedores dos xogos olímpicos.

      6. Coroa romana que se lle concedía ao xeneral vitorioso ao entrar en Roma.

      1. Institución que ten como insignia unha coroa, particularmente a real.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe mariño, con dúas aberturas nasais a cada lado da cabeza, unha única aleta dorsal que presenta espiñas endurecidas, dous raios espiñentos na aleta anal e unha liña lateral prolongada ata a extremidade da caudal. É un animal depredador que vive nas costas en pequenos grupos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ten unhas calidades semellantes ás do cristal, especialmente a transparencia e o brillo.

      2. Aplícase á voz que pola súa natureza limpa e clara recorda o son do cristal.

      1. Que é da natureza do cristal.

      2. Que ten unha estrutura molecular regular.

      3. Cada un dos conxuntos en que se clasifican as 32 clases cristalinas, de xeito que en cada un deles haxa aqueles que presentan eixes de simetría da mesma orde.

    1. Corpo lenticular transparente situado detrás da pupila do ollo destinado a facer converxer os raios de luz, formando imaxes sobre a retina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tubo de raios catódicos de deflexión electromagnética empregado nos receptores de televisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Torre de forma cilíndrica que presentan algunhas fortalezas.

    2. Adorno de forma cúbica, característico dos teitos casetonados.

    3. Peza central dalgunhas rodas de vehículos onde encaixan os raios.

    4. Depósito vertical do muíño onde se almacena a auga que vén do río a través da canle.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desviación dos raios, nun tubo de raios catódicos, mediante a que os electróns procedentes do canón poden acadar calquera punto da pantalla.

      1. Deformación en dirección vertical da superficie dun firme ou dunha explanación debido á aplicación dunha carga.

      2. Deflexión producida nunha zona dun firme, debido ao efecto dunha carga de impacto ou das vibracións procedentes do tránsito.

      1. Desviación e reorientación do fluxo de gases de escape dun foguete ou dun motor de reacción.

      2. alor da proxección, sobre o plano de simetría, do ángulo no que resulta desviada a corrente de aire por unha á ou por un corpo calquera.

    2. Extensión da cabeza do feto durante o parto.

    VER O DETALLE DO TERMO