"Meri" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 431.

    1. Atadura que se fai con cordas ou obxectos semellantes que se estreita e pecha de forma que sexa difícil de soltar por si só.

      1. Avultamento no talo nas plantas, onde se atopan tecidos meristemáticos.

      2. Parte máis escura, dura e de forma arredondada da madeira por onde agroma a póla.

      3. ulto exterior dos dedos da man cando se dobran, onde se atopan os artellos.

      4. noz.

      5. Nó formado polo cordón umbilical que, ao estiralo, pode producir a morte do feto.

    2. Unidade de velocidade que se emprega no mar, e que equivale a unha milla mariña por hora.

    3. Lugar en que se cruzan varias vías de comunicación.

    4. Parte da obra literaria, entre a presentación e o desenlace, onde se complica a trama.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo nootka ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo nootka.

    3. Pobo amerindio que habita na costa SO da illa de Vancouver (Canadá).

    4. Lingua wakash que fala o pobo nootka.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á subraza noratlántica ou aos seus representantes.

    2. Individuo da subraza noratlántica.

    3. Subraza que pertence á raza amerindia, de estatura elevada e tendencia á mesocefalia que ocupaba a zona comprendida entre as Montañas Rochosas e a costa atlántica, e comprende grupos étnicos como os síux, os mohicanos ou os cheyennes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á subraza norpacífica ou aos seus representantes.

    2. Individuo da subraza norpacífica.

    3. Subraza que pertence á raza amerindia, que está integrada por individuos de altura mediana, cabelos lisos, braquicefalia e rasgos mongoloides moi acentuados. Orixinariamente estendeuse desde Alaska ata California.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a América do Norte ou aos seus habitantes, especialmente a EE UU.

    2. Natural ou habitante de América do Norte, especialmente de EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos números.

    2. Que está expresado ou ben efectuado con números.

    3. Aplícase á ecuación en que os coeficientes e as constantes son números.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Occitania, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Occitania.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo occitano.

      2. Individuo do pobo occitano.

      3. Pobo de raza indoeuropea establecido no territorio do País de Oc.

    1. Lingua galorrománica que está formada por tres variedades lingüísticas denominadas occitano setentrional, occitano meridional e gascón, que é a lingua propia de Occitania e que na Idade Media era a koiné dos trobadores. OBS: Tamén se denomina lingua de oc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Determinación do índice de refracción dos medios que se atopan no ollo.

    2. Determinación da curvatura dos meridianos corneais mediante o uso do oftalmómetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento destinado a determinar a curvatura dos principais meridianos da córnea, para estudar o astigmatismo de orixe córnea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten un número escaso de metámeros.

    VER O DETALLE DO TERMO