"Post" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2693.

  • Planta herbácea ou arbusto, anual ou perenne, que pertence ao xénero Atriplex, da familia das quenopodiáceas. Caracterízase por presentar flores hermafroditas ou unisexuais no mesmo pé, follas planas alternas ou opostas e froito con bractéolas libres ou soldadas só na parte inferior

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herba perenne da familia das aráceas, de ata 75 cm de lonxitude, que presenta un tubérculo horizontal e follas pecioladas e saxitadas. As flores dispóñense nun espádice cuberto por unha espata branca ou branca verdosa. Os froitos son baias vermellas e velenosas dispostas nunha espiga de ata 15 cm de lonxitude, especialmente patente ao desaparecer a espata na madureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recendo de certas substancias das que emana espontaneamente.

    2. Conxunto de compostos químicos volátiles característicos dunha substancia que ten a propiedade de producir o olor que lle é propio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten ou desprende aroma.

      1. Aplícase aos compostos orgánicos que manifestan aromaticidade.

      2. Relativo ou pertencente aos compostos aromáticos e ás súas reaccións.

      1. Serie de hidrocarburos cíclicos que conteñen un ou máis núcleos bencénicos.

      2. Conxunto dos compostos orgánicos que derivan destes hidrocarburos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de aromatizar.

    2. Aplicación de aromatizantes

    3. Formación de hidrocarburos aromáticos no reforming catalítico das fraccións do petróleo. En moitos casos a acción é efectuada en presenza de hidróxeno e chámase hydroforming.

    4. Transformación dun composto alicíclico en aromático, por deshidroxenización.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento musical do grupo dos cordófonos compostos.

    2. Cordófono simple do grupo das cítaras que usa o aire como elemento harmonizador.

    3. ariante da arpa clásica moi popular entre os amerindios, que, a diferenza da clásica, non ten pedais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte anterior da vesícula encefálica primaria, no desenvolvemento embrionario do encéfalo. En estadios posteriores divídese en dúas vesículas: o telencéfalo e o diencéfalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade interdisciplinaria que estuda os coñecementos astronómicos da Antigüidade. Intenta desenvolver interpretacións e explicacións de estruturas arqueolóxicas, supostamente baseadas no astronómico e avaliar os coñecementos e os métodos orientados á astronomía das culturas do pasado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Trabe mestra disposta de xeito horizontal sobre piares ou columnas para vencer o van aberto entre elas.

    2. Parte baixa do entaboamento que repousa sobre os capiteis das columnas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de arrancar.

    2. Posta en marcha dun vehículo, xeralmente brusca.

    3. Idea ou dito ocorrente e repentino.

    VER O DETALLE DO TERMO