"Reve" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 488.

    1. Súplica que consiste nunha serie de peticións ou invocacións breves, ás que se responde cun refrán.

    2. Enumeración reiterada e longa de nomes ou cousas que cansa ou provoca o enfado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de barro cocido ou secado ao sol, de forma rectangular, empregada na construción.

    2. Ladrillo prensado que ten as caras maiores fundidas para recibir a masa e evitar que as xuntas queden moi abertas. Emprégase nos paramentos de ladrillo visto.

    3. Ladrillo elaborado con arxila rica en cal e óxido férrico, cocido ata a vitrificación que, pola súa dureza, se emprega nas construcións hidráulicas.

    4. baldosa.

    5. Ladrillo elaborado con barro cocido a temperaturas baixas (900-1.100°C).

    6. Ladrillo elaborado por compresión dunha masa a base de area, cemento e cal hidraúlico, que non se somete a cocción.

    7. Ladrillo elaborado con vidro que se emprega na construción de paramentos translúcidos, claraboias e outros elementos que permiten o paso da luz.

    8. Ladrillo que ten unha das súas caras cubertas con esmalte. Emprégase con fins decorativos ou hidrófugos.

    9. Ladrillo que ten o seu interior percorrido por canles lonxitudinais.

    10. Ladrillo que no seu proceso de elaboración inclúe unha capa vitrificada que o fai impermeable.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composición medieval, narrativa ou lírica, de tipo amoroso na que se cantan lendas do ciclo bretón.

    2. Poemas musicados formados por unha serie de estrofas de catro versos isométricos e isostróficos monorrimos, non autónomos pero funcionalmente inseridos na trama narrativa dos romans en prosa tardíos.

    3. Composición estrófica musicada que se distingue da cançó por motivos máis formais ca conceptuais, maior extensión, heterometría e heterostrofia.

    4. Breve relato con couplets d´octo-syllabes non musicado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chama alta que se eleva brevemente sobre unha materia que arde.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos láridos.

    2. Paxaro da familia dos láridos.

    3. Familia de aves, da orde dos ciconiformes, de cabeza ovalada, bico comprimido lateralmente e sen cera, tres dedos das patas unidos por membranas, a glándula uropixial revestida de plumas e a cola con dez temoneiras. Son moi voraces e excelentes voadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está entregado aos praceres sexuais.

    2. Que revela lascivia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica terapéutica en que se utilizan raios láser. O uso máis estendido dáse na prevención e tratamento do desprendemento de retina en enfermos diabéticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento dado á imaxe latente dunha emulsión fotográfica entre a exposición e o revelado, co fin de reforzala, no caso de que estivese superexposta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lección máis breve que se escolle entre as posibles lecturas dun códice no proceso de cotexo dos diferentes testemuños.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos lepospóndilos.

    2. Anfibio da subclase dos lepospóndilos.

    3. Subclase de anfibios, que se caracterizan por ter o arco neural e o corpo vertebral fusionados e recubertos por un revestimento continuo.

    VER O DETALLE DO TERMO