"Fu" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 3886.

    1. Globulina do sistema gamma con capacidade de unión específica cun determinado antíxeno, provocando a súa neutralización ou ben orixinando unha reacción de sensibilización cutánea inmediata.

    2. Anticorpo inducido por cultivo in vitro dunha célula híbrida –ou pola liña celular por ela xerada– constituída pola fusión dun linfocito sintetizador de anticorpos específicos cunha célula procedente dun mieloma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que combate as criptógamas.

    2. Substancia química aplicada no tratamento das enfermidades das plantas producidas por fungos e bacterias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que evita o desenvolvemento dos fungos, destruíndoos ou detendo o seu crecemento e reprodución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que protexe contra os gases tóxicos.

    2. Aplícase ao procedemento que se emprega para defenderse dos ataques inimigos con gases, utilizando máscaras, roupas especiais ou refuxios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que existe desde unha época anterior.

    2. Que existiu ou sucedeu nunha época remota.

    3. Que pertence a unha época anterior.

    4. Que leva moito tempo desempeñando un cargo ou función.

    5. Pertencente ao período histórico denominado Antigüidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de antigo.

    2. Obxectos antigos.

    3. Os tempos antigos, especialmente en referencia á época clásica.

    4. Período de tempo transcorrido desde o día en que unha persoa inicia unha relación xurídico-laboral, como traballador dunha empresa ou funcionario dunha administración.

    5. O conxunto da cultura grecorromana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imaxe difusa que aparece sobre o horizonte nun punto oposto ao Sol, motivada pola reflexión da luz nas caras de minúsculos cristais hexagonais de xeo que están en suspensión na atmosfera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Repetición en orde inversa das mesmas palabras, alterando as súas funcións sintácticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento fundamentalmente metálico, pertencente ao grupo V da táboa periódica. O seu número atómico é 51, e o seu peso atómico 121,75. A única forma estable é a metálica,denominada tamén antimonio gris. Os compostos de antimonio, ademais da súa utilización terapéutica, úsanse como mordente na industria téxtil e en curtidos.

    2. Electrodo para as medidas de pH de non demasiada precisión, que se emprega para potenciometrías en solventes non acuosos.

    3. Compostos que se empregan como catalizadores de substancias orgánicas.

    4. Líquido utilizado na cloración de compostos orgánicos.

    5. Pos alaranxados que se empregan principalmente na vulcanización e coloración do caucho.

    6. Cristais delicuescentes que se empregan como catalizadores, reactivos cualíticos ou para broncear o ferro.

    7. Composto que forma a valentinita, que se emprega na industria do caucho e do plástico para obter compostos non inflamables.

    8. Composto que forma a estibina, empregado en pirotecnia e como acelerador de vulcanización do neopreno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento social contrario aos privilexios e abusos dos señores que se converteu nun dos eixes fundamentais dos conflitos que sacudiron o período baixomedieval.

    VER O DETALLE DO TERMO