"Post" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2693.

    1. Toucado alto de tea ou pel, usado antigamente por diversos pobos asiáticos. Adornada con diadema, era un distintivo real.

    2. Toucado pontificio non litúrxico de forma oval, cinguido por tres coroas sobrepostas e coa cruz na parte superior e dúas ínfulas na parte inferior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto heterocíclico formado por un anel de cinco membros diinsaturados que contén un átomo de xofre e un de nitróxeno en posicións relativas 1,3.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Óso dos vertebrados que se sitúa na parte interna do segundo segmento das extremidades posteriores, ao lado do peroné.

    2. Artello das patas dos arácnidos e dos insectos, entre o fémur e o tarso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe cartilaxinoso, da familia dos carcarínidos, que presenta o corpo esvelto, de cor azul escura no dorso e máis branca no ventre, o fociño moi comprimido e unha crista dérmica nos lados do pedúnculo caudal.

    2. Peixe cartilaxinoso, da familia dos clamidoseláquidos, que presenta o corpo moi alongado e cilíndrico, de cor escura e comprimido na parte posterior e fendeduras branquiais con septos de separación.

    3. Peixe cartilaxinoso, da familia dos lámnidos, que ten o corpo robusto e fusiforme, de cor abrancazada, rematado nunha cabeza cónica, dentes moi grosos triangulares e en forma de serra.

    4. Peixe cartilaxinoso, da familia dos equinorrínidos, que presenta un corpo robusto e cilíndrico de cor parda agrisada, rematado nunha cabeza moderadamente deprimida, boca ampla e arqueada con pregaduras labiais moi curtas e dentes semellantes en ambas as dúas mandíbulas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto fenólico que aparece no aceite de tomiño e noutros aceites esenciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Membrana do oído dos cordados.

      2. Órgano fonorreceptor dalgúns insectos formado por unha membrana que comunica co exterior e co remate dunha traquea.

      1. Frontón, na Antigüidade clásica.

      2. Espazo semicircular que constitúe a parte superior dun pórtico románico ou gótico.

      3. Espazo análogo, sen ornamentación escultórica, colocado como elemento decorativo na parte superior de portas e ventás, durante o Renacemento e o Barroco.

    1. Espazo que hai entre a volta e a imposta nunha ponte con arcos ou nunha obra pequena de paso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que, anteposta ao nome dun composto ou clase funcional, indica a substitución de osíxeno por xofre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación xenérica dos compostos de fórmula xeral R 1 R 2 C(SR 3 )R 4 .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto de fórmula xeral R–CHS onde se substituíu o átomo de osíxeno dun aldehido por un átomo de xofre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto de fórmula xeral R 1 –CS–R 2 .

    VER O DETALLE DO TERMO