"Reve" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 488.

  • Corrente estética iniciada e desenvolvida principalmente en Francia no último cuarto do s XIX que buscaba captar a impresión visual inmediata, desfacendo a diferenciación entre esbozo e obra definitiva, revolucionou os encadres e rompeu a simetría tradicional. Intentaba representar a luz actuando sobre as cores, con pinceladas breves de cores puras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se pode prever.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de impulsar.

      2. Dada unha forza F(t) que actúa sobre unha partícula de masa m durante un intervalo T, magnitude definida pola fórmula I = ?TOF(t)dt.

    1. Forza ou enerxía que move a alguén a facer algo.

    2. Sinal eléctrico de duración moi breve de maneira que presenta un aumento, seguido dunha diminución brusca do seu valor.

    3. Forza producida polos propulsores dunha aeronave ou dun foguete que é a que causa o seu movemento. Mídese en newtons.

    4. Forza que ten un sentido oposto ao peso, á que están sometidos os corpos mergullados ou os que flotan nun fluído.

    5. Punto en que se aplica a resultante das forzas de impulso que actúan sobre un corpo.

    6. Forza que é a responsable da sustentación dos avións no voo e que intervén, en parte, na dos submarinos e aeróstatos.

    7. Función simbólica δ(x) que permite representar formalmente as transformacións funcionais idénticas como as transformacións integrais.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que comporta inflación.

    2. Aplícase a unha das fases iniciais do Universo na teoría de A. Guth, que se caracteriza pola expansión rápida do Universo nun período de tempo extremadamente breve.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de inhibir ou inhibirse.

    2. Detención ou restrición da función dun órgano ou dunha actividade fisiolóxica determinada polo feito de estar alterada a acción que exercía un centro nervioso, unha substancia ou unha hormona específica.

      1. Supresión parcial ou completa da actividade espontánea ou condicionada dun sistema excitable, un órgano ou un centro nervioso, debido a unha causa física ou mental.

      2. Estado psíquico que tende a frear ou evitar os modos de expresión que poderían revelar publicamente o carácter ou os pensamentos dun individuo.

    3. Acción reversible ou irreversible dunha substancia sobre un encima, de maneira que non lle permite actuar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de inscribir ou inscribirse.

    2. Texto breve escrito ou gravado sobre calquera tipo de superficie en lembranza dunha persoa ou feito importante.

    3. Fórmula na que se expresaba o nome do destinatario nun documento.

    4. Asento principal practicado nun rexistro.

    5. Rexistro creado polas autoridades marítimas españolas para substituír a matrícula de mar (1873) no que deben inscribirse todas as persoas que se dediquen á navegación ou ás industrias relacionadas co mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espazo moi breve de tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obra musical breve que se interpreta entre dúas partes máis extensas dunha composición instrumental, orquestral ou escénica.

      1. Obra curta, pouco definida, metade cómica, metade alegórica, de versificación irregular e pouco refinada, que, na transición do teatro medieval ao teatro isabelino, se intercalaba na representación dunha obra.

      2. Farsa, entretemento ou obra musical executados entre os actos dun misterio ou dun drama.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ópera cómica breve, sobre un argumento realista e un ambiente popular, que se representaba entre os actos dunha ópera.

    2. Interludio orquestral entre acto e acto na ópera verista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de introducir ou introducirse.

      1. Aquilo que se escribe ou se di ao comezo dun libro ou dun discurso, antes de entrar en materia.

      2. Tratado preliminar.

    2. Obra ou curso que inicia ao coñecemento, ao estudo dunha disciplina ou ciencia.

      1. Fragmento musical, xeralmente lento, situado ao inicio de sinfonías e que precede a un movemento máis rápido.

      2. Breve preludio que precede a algunhas óperas.

    VER O DETALLE DO TERMO