"Post" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2693.

    1. Calidade de simbólico.

    2. Sistema de símbolos que se utiliza para representar algo.

    3. Movemento literario e artístico que xurdiu en Francia arredor do último cuarto do s XIX e que buscaba a innovación a través da abstracción.

    4. Movemento artístico, esencialmente pictórico, do derradeiro terzo do s XIX, que presenta imaxes opostas á realidade visible ou científica para demostrar que existe unha realidade oculta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Plasma amorfo que provén da plasmólise, dotado de vitalidade e que pode recuperar a organización celular en determinadas condicións.

    2. Tecido sen estruturas celulares.

    3. Nome proposto para a denominación conxunta dos plasmodios sincitiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar de reunión para o culto xudeu a partir da época posterior ao exilio (s VI a C).

    2. Asemblea de culto dos fieis xudeus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Efecto terapéutico aumentado que se produce ás veces ao administrar simultaneamente dous produtos ou fármacos de acción semellante.

    2. Aumento da actividade dun composto, provocado pola presenza na mestura doutro composto, inactivo no mesmo sentido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos singnátidos.

    2. Peixe da familia dos singnátidos.

    3. Familia de peixes, da orde dos singnatiformes, que presentan un corpo moi longo e cuberto de placas óseas dispostas en aneis, unha soa aleta dorsal con raios brandos que move o corpo e ollos moi móbiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á sinopse.

    2. Que foi exposto en forma de sinopse segundo un criterio esquemático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido viscoso e lubricante segregado polas membranas sinoviais das cavidades articulares, composto por mucina e sales minerais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Combinación dos elementos dun todo despois de separalos por medio da análise.

    2. Resumo breve dunha materia ou asunto.

    3. Proceso da investigación ou do coñecemento, contraposto á análise, que consiste na unión de elementos que estaban separados e na súa integración nun todo.

    4. Combinación dun radical e dos elementos flexionais nunha soa palabra variable.

    5. Reconstrución dunha cor determinada a partir das cores primarias.

      1. Formación de certos compostos mediante a unión de compostos máis simples ou dos seus elementos.

      2. Parte da química orgánica que trata sobre a preparación de moléculas complexas a partir de substratos máis simples.

    6. Síntese que ten lugar nos ribosomas en catro etapas: activación de aminoácidos, iniciación da cadea polipeptídica, prolongación da cadea mediante novas secuencia de aminoácidos, e o remate cadea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente artística postimpresionista coñecida como cloissonisme, que busca a simplificación das formas e o decorativismo mediante grandes superficies planas de cor rodeadas por trazos negros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sirenios.

    2. Mamífero da orde dos sirenios.

    3. Orde de animais, da clase dos mamíferos, acuáticos e cun corpo hidrodinámico, recuberto por unha grosa capa de panículo adiposo subcutáneo, dúas patas anteriores grandes en forma de aletas, sen patas posteriores e coa cola en forma de aleta horizontal.

    VER O DETALLE DO TERMO