"Post" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2693.

      1. Denominación xenérica dos anións poliatómicos que teñen silicio como átomo central, e dos compostos que os conteñen.

      2. Composto que contén o anión ortosilicato e en que non se comparte ningún átomo de osíxeno do tetraedro de SiO 4 .

    1. Mineral formado esencialmente por grupos tetraédricos SiO 4 , unidos entre eles directamente ou por catións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento químico de número atómico 14 e peso atómico 28,0855, que pertence ao grupo IV A da táboa periódica. Ten aplicacións en electrónica e en metalurxia.

    2. Sólido en forma de cristais negros de gran dureza, que ten aplicacións como refractario e abrasivo, e como semicondutor.

    3. Composto formado polo silicio co osíxeno, presente na natureza en forma de sílice.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composto binario de silicio con elementos máis electropositivos ca el.

    2. Anión de fórmula Si 4- , que se pode considerar formalmente derivado do silano por perda dos seus catro átomos de hidróxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras para indicar a presenza de silicio nun composto ou aliaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto de fórmula xeral H 10 O 3 Si 4 que se forma por condensación de moléculas de silanois.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. silveira.

      2. Planta arbustiva, da familia das rosáceas, que presenta os talos espiñentos, follas con bordo serrado e glabras, flores brancas ou rosáceas, dispostas en corimbo ou solitarias e froito carnoso, vermello e globoso.

    1. Alga vermella, da familia das coralináceas, que presenta o talo rosa cuberto de carbonato cálcico.

    2. Serie continuada de versos hendecasílabos e heptasílabos, sen estrutura estrófica determinada e coa rima segundo o gusto do autor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arbusto, da familia das rosáceas, que presenta talos longos e espiñentos, follas pequenas e flores de cor branca ou rosada dispostas en corimbos e ten como froito a amora.

    2. Lugar onde hai moitas silvas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma prefixada non sistemática que indica que, na estrutura dun composto orgánico, determinados substituíntes están dispostos simetricamente respecto do esqueleto carbonado.

    2. sin-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore da familia das simarubáceas, que presenta follas pinnaticompostas e a cortiza de cor amarela cinsenta no tronco e avermellada nas pólas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás simarubáceas.

    2. Planta da familia das simarubáceas.

    3. Familia de plantas leñosas, da orde das sapindais, que presenta as follas alternas e pinnaticompostas, as flores pequenas dispostas en acios e os froitos diversos, moitas veces alados.

    VER O DETALLE DO TERMO