"XT" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2700.

    1. Que parece ou ten a aparencia de algo que non é realmente.

    2. Medida do ángulo que forman as dúas visuais dirixidas aos extremos do diámetro dun astro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte accesoria unida a outra principal.

      1. Proxección do corpo dun animal, que queda unida a unha parte máis robusta do corpo.

      2. Apéndice intestinal da maioría dos primates e dos rilladores. Situado ao fondo do intestino cego, constitúe unha prolongación de forma tubular e sinuosa, pechada no seu extremo distal.

    2. Parte que se engade ao final dunha obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extirpación cirúrxica do apéndice vermiforme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación aguda da mucosa e do sistema linfático do apéndice vermiforme, causada por unha infección bacteriana. O tratamento consiste na extirpación cirúrxica do apéndice.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exercer unha forza ou presión sobre un obxecto ou unha persoa.

    2. Cinguir a alguén cos brazos.

    3. Tirar dunha corda ou dun nó polos extremos.

    4. Facer máis compacta algunha cousa comprimíndoa.

    5. Influír con coaccións, ameazas ou rogos sobre unha persoa para que realice algo concreto.

    6. Quedar moi xusto un obxecto a unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está contaxiado pola peste, e por extensión de calquera outra enfermidade. Tm s.

    2. Que foi rexeitado dun grupo ou actividade por menosprezo. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ápice.

    2. Aplícase ao fonema cunha articulación que esixe a intervención activa do ápice ou extremo da lingua, en contacto con calquera parte das zonas avanzadas da boca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Extremo, punta dalgunha cousa.

    2. Punta ou extremo dunha estrutura anatómica, como o peteiro das aves ou as follas dos vexetais.

    3. Punto da esfera celeste cara onde se dirixe o Sol e, con el, todo o sistema solar.

    4. Signo diacrítico posto sobre unha letra.

    5. Extremidade do talo e da raíz, onde se localiza o meristema primordial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de aplicar ou aplicarse.

    2. Posibilidade de servir ou ser utilizado para algo.

    3. Ornamentación que se pon sobre unha peza de roupa para enfeitala.

    4. Correspondencia entre dous conxuntos onde todo elemento do primeiro conxunto ten unha soa imaxe no segundo conxunto.

    5. Operación bolsista na que se unen ordes de signo contrario.

    6. Adaptación do sentido dunha situación e momento concretos desde os que se exerce a comprensión do texto interpretado.

    7. Aplicación establecida entre dous espazos vectoriais, E e F, de xeito que para dous elementos calquera x, y de E cúmprese: f(x+y)=f(x)+f(y) e f(λx)= λf(x) onde λ é un escalar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Redución ou desaparición dos pulmóns de certos anfibios que habitan lugares extremadamente húmidos e que realizan os intercambios respiratorios unicamente a través da pel.

    VER O DETALLE DO TERMO